Xefatura de estudios

Entrega de boletíns de notas ESO e Bacharelato

A entrega de boletíns de notas dos grupos de ESO e Bacharelato terá lugar o luns 27 de xuño ás 12:00h. na aula correspondente a cada grupo.

Admisión e matrícula a Formación Profesional 2022/23

Prema aquí para acceder á información sobre os prazos do proceso de admisión en FP.

Calendario exames convocatoria extraordinaria Bacharelato, FP Básica e ESA

Prema aquí para consultar o calendario de exámenes.

Alumnado con PD en FP. Calendario de exames

Nas seguintes ligazóns se pode consultar o calendario de exames para alumnado con perda do dereito á avaliación continua (P.D.):

1º FP Básica Fabricación e Montaxe
1º CM Soldadura e Caldeiraría
1º CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles
1º CM Mantemento Electromecánico

Comezo das clases no 4º curso da ESA

Este xoves 3 de febreiro ás 16:15 horas terá lugar o comezo das clases de 4º curso da ESA.

 

Será a presentación na aula 25-A (edificio FP).

Adaptacións das programacions, 3º trimestre

Achegamos as modificacións ás programacións feitas polos diferentes departamentos didácticos de ESO, Bacharelato, ESA  e Ciclos Fromativos segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Bioloxía e Xeoloxía Debuxo Economía Educación Física Filosofía Física e Química
Francés Inglés Latín e Grego Lingua Castelá Lingua Galega Matemáticas
Música Relixión  Tecnoloxía Xeografia e Historia ESA3 A. Ci ESA 4 A.Ci
FPB Mant. Vehículos FPB Fab. e Montaxe    FOL    
CM Frío CM Mantemento CM Soldadura CM Vehículos ZM Calor ZM Mantemento

Calendario de exames extraordinarios 2º Bacharelato

Calendario de exames extraordinarios para 2º de Bacharelato, que se realizarán en xuño de  2019

 

Fondo Solidario de libros de texto e Axudas para adquisición material escolar. Curso 2018/2019

Participación no fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquisición de material escolar para alumnado matriculado en Secundaria Obrigatoria para o curso 2018/2019

 

Forma de presentación:

Poderán recoller e presentar a solicitude no centro, ou ben realizala accedendo á aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

 

  1. No centro (imprimirán a solicitude e o anexo II, e os presentarán asinados, xunto coa documetación)

  2. Na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

 

Documentación:

  • Solicitude cuberta e asinada

  • Fotocopia do libro de familia (deberán presentar o orixinal a fin de cotexar as copias).

  • DNI ou NIE de todos os membros da unidade familiar (só no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade).

  • Renda correspondente ao exercicio do ano 2016daquelas persoas que teñan ingresos, (só no caso de non autorizar a consulta dos datos tributarios).

  • Xustificantes daquelas situacións especiais que se poidan alegar.

 

 

Prazo de presentación: ata o día 22 de xuño, na oficina do IES de Fene. O alumnado repetidor de 4º poderá presentala no prazo dun mes dende a formalización da matrícula en setembro.

 

 

Requisitos de renda:

 

A renda per cápita máxima para poder ter dereito ao fondo de libros é de 9000 euros para obter 4 libros e de 5400 euros para 6 libros de texto. (Nos casos de discapacidade do alumno/a superior ao 65 %, necesidades educativas especiais ou alumnado tutelado pola Xunta de Galicia, serán 6 libros independentemente da renda).

Para o cálculo da renda per cápita hai que sumar os recadros 392 e 405 da renda do ano 2016 (presentada no 2017) e dividila polo nº de membros computables da familia. (as persoas con discapacidade superior ao 33 % computan como 2).

Para ver un resumo das axudas, prema aquí.

As persoas beneficiarias de libros procedentes de fondo solidario do centro teñen a obriga de devolver os libros de texto do fondo no curso 2017/18. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no curso 2018/19. Está exento desta obriga o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Prazos a ter en conta:

  • 12 de xullo: publicación de listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas.

    DOUS días de prazo para reclamar.

  • 14 de setembro: publicación de listaxes definitivas dos libros adxudicados a cada alumno.

  • Os libros entregaranse ao alumnado durante o mes de setembro.

Poden atopar toda a información sobre o procedemento en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25042

Ante calquera dúbida, poden poñerse en contacto co centro.

    

Fene, 25 de maio de 2018

Distribuir contido