Libros de texto curso 2024-2025

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL

 

Adxuntamos o listado de libros para o vindeiro curso 2024-2025.
Lembramos aos que solicitaron libros ao Fondo Solidario da Consellería que a partir do 12 de xullo publicaranse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos e a adxudicación definitiva sairá publicada a partir do 26 de xullo.
De todos os xeitos, non é imprescindible mercar os libros polo momento: pódense mercar en setembro perfectamente; non hai problema se non se teñen nos primeiros días de curso.

 

1º ESO           2º ESO            3º ESO              4º ESO

1º BAC                              2º BAC   

CM Vehículos

Días non lectivos curso 2024-25

Infórmase que no Consello Escolar celebrado o pasado 12 de setembro, aprobáronse como días non lectivos do centro para este curso 2024-25 o 4 de novembro de 2.024 e o 2 de maio de 2.025

Reto Strava.

Súmate ao Reto Strava!!

Para máis información descarga o documento facendo clic aquí

Inicio de curso 2024 - 2025

As presentacións da ESO, bacharelato e CM de todas as modalidades serán o mércores 11 de setembro, no seguinte horario:

  • 10:30 h. ESO (1º e 2º ESO no salón de actos "Xaquín Marín", 3º e 4º irán directamente ás correspondentes aulas) e FP Básica (salón de actos edificio FP).
  • 12:00 h. Bacharelato (salón de actos "Xaquín Marín") e 1º CM (salón de actos do edificio de FP).
  • 12:30 h. 2º CM ordinario e todos os de modalidade dual (salón de actos de FP).
  • 16:15 h. CM modular (salón de actos de FP). 

Con motivo do inicio de curso desenvolveranse diferentes actividades; contaremos coa presenza de Brais Gándara e Pablo Hurtado, exalumnos do IES de Fene, e desenvolverase unha charla a cargo de Henrique Sanfiz, historiador e director de Radio Fene.

Ese día o transporte escolar (ESO)  deixará o alumnado no centro ás 10:30 h. e recollerao ás 12:00 h.

 

Mes de agosto

Durante o mes de agosto este centro permanecerá pechado.

Mentres tanto, atendémoslle no seguinte enderezo electrónico: ies.fene@edu.xunta.gal

Calendario de exames 3ª avaliación e final setembro ciclos duais

Pódese consultar premendo aquí

Listaxes de admitidos en FP Dual Intensiva

Nas seguintes ligazóns pode consultarse a relación de admitidos nas modalidades de FP Dual Intensiva

CM Electromecánica de vehículos Automóviles

CS Mecatrónica

No CM de Instalacións de Producción de Calor quedan prazas vacantes en: Tecnosos Galicia-Baxi (6 prazas), Veolia (3 prazas), Medancli (2 prazas), Instalaciones Calvo y Medín (1 praza), Foncafer (1 praza), Climatras (1 praza).

Para máis información enviar correo ao enderezo electrónica: rbkvalino@gmail.com

Entrevistas e selección FP dual intensiva

O próximo martes 9 de xullo realizaranse as entrevistas para o acceso aos ciclos formativos na modalidade dual intensiva. A continuación se indica a hora e lugar para cada ciclo:

  • CM ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS, ás 9:30 h no salón de actos Xaquín Marín
  • CS MECATRÓNICA INDUSTRIAL, ás 9:30 h no salón de actos de FP

 

Proxecto Aprendizaxe e Servizo FP básica

O alumnado e profesorado de 1º de FP básica nas especialidades de Mantemento de Vehículos e Fabricación e Montaxe, participaron nun proxecto de Aprendizaxe e Servizo en colaboración coa asociación ASPANEPS de Fene. O resultado foi a construción dunha peneira para o compost que xeneran en ASPANEPS. Deixámosvos un vídeo no que se pode visualizar o desenvolvemento do proxecto.

Noraboa a todos polo traballo realizado!!

 

Participación no Hiperbaric Challenge

O 21 e 22 de xuño o IES de Fene participou no XI Desafio Hiperbaric Challenge en Burgos xunto a outros 10 centros educativos de Madrid, Cataluña, Euskadi, etc, e tamén de Galicia participaron centros de Cedeira e de Ourense. O equipo de Fene, "SIN MOTOR SPORT", acadou o segundo lugar no desafio e tamén acadou o segundo lugar no Rendimento en Carreira, terceiro clasificado na categoria C3 e primeiro clasificado en mellor proxecto técnico. O equipo quedou moi satisfeito polo traballo realizado, pola xornada onde compartiron experiencias con outros centros educativos. Agradecer a todos os colaboradores e patrocinadores que fixeron posible participar un ano mais en este gran evento .

Convocatoria extraordinaria 1º de bacharelato. Calendario de exames

Os exames da convocatoria extraordinaria de 1º de bacharelato desenvolveranse os días 19, 20 e 21 de xuño.

Na seguinte ligazón pódese descargar o calendario.

Calendario de exames 1º de bacharelato

Exames para alumnado con P.D.

Prema aquí para ver día e hora.

Bolsas NEAE 2024-25

O prazo para solicitar as axudas é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024ambos inclusive. Solicitamos trasladen esta información ao Departamento de Orientación do centro para que se poña en contacto coas familias susceptibles de percibir esta axuda para que preparen axeitadamente os expedientes sin esperar ao remate do prazo.

As solicitudes cubriranse polos solicitantes exclusivamente a través da web da sede electrónica do Ministerio de Educación, FP e Deportes, https://sede.educacion.gob.esUnha vez cuberto o formulario da solicitude, imprimirán o ficheiro PDF coa solicitude e os certificados e presentarano no centro educativo no que vai estudar o curso 2024/2025debidamente asinado entre o 30 de abril e o 13 de setembro de 2024.

No caso de escolarización combinada o centro tramitador será o centro de estudos ordinario. Nestes casos será necesario que a persoa orientadora informe da idoneidade de complementar os apoios de escolarización combinada con esta convocatoria de axudas de necesidades específicas. NON son incompatibles.

Novidade desta convocatoria: o grao de discapacidade para acreditar a NEAE reduciuse ao 25%. A convocatoria mantén o subsidio para as solicitudes propostas que acrediten NEAE.

Datas e documentación matrícula curso 2024-25

 

Datas:

2º Bacharelato: Xoves 27 de xuño.

1º Bacharelato: Venres 28 xuño.

1º da ESO: Martes 2 de xullo.

2º da ESO: Mércores 3 de xullo 

3º da ESO: Xoves 4 de xullo

4º da ESO: Venres 5 de xullo

 

Nos impresos de matrícula, na parte traseira constan xa día e hora de entrega da documentación.

No caso de ter algún problema coa hora da cita poden avisar no centro para vir noutro momento.

 

  

Documentación para o alumnado que veña de fóra do centro:

 

1.- Sobre, impreso oficial de matrícula.

2.- Tres fotos tamaño carné (co nome e apelidos no dorso). Unha delas deberá ir pegada no carné escolar no lugar correspondente, que deberá entregarse cuberto.

3.- Fotocopia do dni do/a alumno/a.

4.- (Soamente para alumnado de 1º e 2º da ESO) Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a alumno/a.

5.- 1,12 euros para o pagamento do seguro escolar (excepto alumnado de 1º e 2º da ESO)

6.- O alumnado que ven para 1º de bacharelato terá que traer certificación de ter superada a ESO.

 

 

Documentación para o alumnado que cursou estudos neste centro en anos anteriores:

 

1.- Sobre, impreso oficial de matrícula

2.- 1,12 euros para o pago do seguro escolar (excepto alumnado de 1º e 2º da ESO)

3.- Dúas fotografías tamaño carné, co nome e apelidos ó dorso. Unha delas deberá ir pegada no carné escolar no lugar correspondente, que deberá entregarse cuberto.

 

Importante:

 

1.- Para cotexar as fotocopias, as persoas interesadas deberán presentar os documentos orixinais.

2.- Os impresos poderanse recoller na oficina do centro a partir do día 20 de xuño.

 

AXUDASLE: Resolución definitiva

Onte 3 de xuño foron publicadas as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido no artigo 17 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24) que se poden consultar na web da convocatoria http://www.edu.xunta.gal/axudasle e no Portal Educativo.

Distribuir contido