Actividades

HIPERBARIC CHALLENGE - 2º posto na carreira do 22 de xuño en Burgos

Alumnos e profesores do IES de Fene, dos ciclos de Automoción e Soldadura, viaxaron a Burgos o pasado mes de xuño para participar na  carreira de vehículos de inercia Hiperbaric Challenge celebrada o día 22 de xuño nesta cidade. O vehículo co que participaron foi posto a punto nos propios talleres polo alumnado e profesorado implicado, e acadaron o segundo posto na clasificacioón, sendo esta a primeira vez que participan

Para o desenvolvemento do proxecto, contaron cunha subvención do CONCELLO DE FENE para os gastos de viaxe e aloxamento, así como coa colaboración de empresas patrocinadoras: ORTEGAL OIL de Fene, COMASA de Fene,  DIRESA de Narón, FERPA de Viveiro, NORTE AGROFORESTAL de A Capela, JOYPA de Pontedeume e outras

 

Entrevista en Radiofusión

 

Unha horta no IES de Fene - FP Básica

O noso alumnado de 1° de FP Básica coa súa profesora Laura Viñas Mayo están a traballar nun novo proxecto, a hortiña do IES de Fene... Parabéns!!!!!! #orgulloFPB E grazas ao noso profesor, Daniel, pola súa implicación 

 
 

 

 

SUPRime o ConTRoL - Martes 14 de maio

 

 

 

O vindeiro martes 14 de maio ás 18:00 horas termos unha charla dirixida ás famlias no Salón de Actos de FP, no IES de Fene, na que falaremos sobre a prevención  da violencia de xénero, dentro dun programa socioeducativo levado a cabo pola Deputación de A Coruña: SUPRime o ConTRoL

Agardamos as familias do noso alumnado!!

 

Carta para os pais

 

 

 

 

 

 

 

 

HIPERBARIC CHALLENGE - Desafío solidario

O alumnado dos ciclos medios de soldadura e auto do IES de Fene están a participar no desafío Hiperbaric Challenge, deseño, prototipo e construción de coches de inercia, pero sempre dende unha perspectiva socialmente responsable, e hoxe presentaron dúas iniciativas que imos comezar este luns 26 de novembro e ata o día 18 de decembro son as seguintes:

☺️Unha campaña de recollida de xoguetes destinados a nenos e nenas de ata 14 anos. Os produtos que se entreguen deben reunir boas condicións de hixiene e de estado, ademais de ser seguros. Na medida do posible, que sexan sostibles e que non consuman pilas. 

☺️Unha campaña de recollida de alimentos principalmente non perecedeiros para o seu reparto ás persoas máis necesitadas.

Esperamos a vosa colaboración

 

SÚMASTE Á INERCIA DO HIPERBARIC CHALLENGE DO IES DE FENE?

Concurso EnFene-Nino

Presentamos as bases de dous concursos:

 Concurso de deseño do LOGOTIPO do proxecto de igualdade do IES de Fene: #enFeneNino para alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO e Formación Profesional Básica

BASES LOGOTIPO

 

Concurso de CURTAMETRAXES do proxecto de igualdade do IES de Fene: #enFeneNino para alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO. Cámara...acción!

BASES CORTO

Páxina en Facebokk de EnFene-Nino

OS BENXAMÍNS DO INSTITUTO VISITAN CANTABRIA

O alumnado de 1º ESO realizou a súa viaxe de fin de curso os días 12, 13 e 14 de xuño.

O primeiro día deron un paseo pola praia das Catedrais e visitaron El Capricho de Gaudí en Comillas, para finalmente instalarse en Santillana del Mar. Un día despois, estiveron no Parque de Cabárceno e fixeron unha visita ao Museo Marítimo de Santander. Xa de regreso, o día 14, tiveron tempo para adentrarse nunha mina e visitar o Museo da Minería de El Entrego-Langreo, así como para dar un paseo pola vila de Ribadeo.

Pasárono realmente ben, pero o mellor desa viaxe foi a sensación que ían deixando ao seu paso, xa que por onde pasaban foron felicitándonos polo bo comportamento que tiñan (cousa, por outra parte, habitual no alumnado deste instituto). Ás veces só reciben os reproches ás súas condutas, por iso, de cando en vez, tamén hai que felicitalos: parabéns, rapaces e rapazas!!

Visita ao IES de Fene de Cristina Otero Correa do proxecto Vura Music Project

 

O pasado venres 12 de Maio os alumnos de 3º ESO do IES acudiron á charla de Cristina Otero Correa, clarinetista e colaboradora voluntaria no proxecto Vura Music Project, un proxecto de desarrollo e integración social a través da educación musical. 

Cristina falounos do proxecto, crear e manter unha escola de música en Moyo ( Uganda) para os mais novos, e falounos de África… e trasladounos alí durante un anaquiño de tempo, entre  as súas xentes, os seus costumes e as súas necesidades. E vimos fotografías, preguntamos, reflexionamos e compartimos ideas. Grazas Cristina por axudarnos, como tí dis, a ir mais alá do que ven os nosos ollos.

 

 

 

 

 

 

 

Simulacro de incendio no IES

O pasado venres 17 de marzo tivo lugar un simulacro de incendio no IES no que participou Protección Civil, o concello de Fene e unha unidade de bombeiros. Todas as persoas presentes no centro desalozaron as distintas dependencias  para reunirse na zona de parking do edificio de ESO  - Bac. A partir dos fallos detectados nesta experiencia faranse novas postas a punto para mellorar o plan de evacuación

     

 

 

Unidade Cinolóxica do Tercio Norte no IES de Fene

O pasado venres 17 de marzo tivo lugar no IES de Fene unha exhibición por parte da Unidade Cinolóxica do Tercio Norte de Ferrol na que participaron cans especializados na detección de drogas, explosivos e na seguridade. A esta actividade aistiron todos os estudantes do centro así como profesorado que disfrutaron coa exhibición

Ver Galería de fotos

(Se non ves o vídeo, preme aquí)

Carreira solidaria no IES de Fene

O pasado 30 de xaneiro, dia da Paz, tivo lugar nas pistas próximas ao IES de Fene unha carreira solidaria protagonizada polo alumnado do IES de Fene para recadar fondos para axuda aos refuxiados coa ONG "Proactiva Open Arms". Nos dous recreos, os rapaces lograban un euro dos seus respectivos patrocinadores por cada volta á pista. Algúns/Algunhas rapaces/rapazas lograron dar ata 12 voltas á pista, e tamén se conseguiran  previamente ata 12 patrocinadores. Organizada polo grupo da biblioteca do centro, foi unha carreira moi concorrida co 43% do alumnado da ESO participante na que se recadou entre 1100-1200 euros con este fin solidario de axuda aos refuxiados

     

O IES de Fene na competición Galicia Skills, en Silleda

Estes días está a celebrarse en Silleda a competición Galicia Skills na que estudantes de Formación Profesional demostran as súas habilidades profesionais e compiten entre eles para acadar o mellor posto. Do IES de Fene, Iván,  un estudante do ciclo de Frío, e Jheray, o seu profesor, están a dar o mellor de si mesmos nestas xornadas que reunen o máis representativo da FP galega

 

Ligazón á nova na web da CRTVG

 

 

 

Obradoiro de bebidas saúdables

O pasado 26 de maio tivo lugar no IES de Fene un obradoiro de bebidas saúdables, actividade da Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene entre alumnado de 1º e 3º de ESO. Esta actividade está enmarcada no Programa de Prevención de Drogodependencias e Promoción da Saúde, e é impartida por mestres de hostelería do IES Fraga do Eume 

Nova na web do concello de Fene

 

 

Exposicion "Pola cara"

Durante estes días pódese visitar no edificio de ESO e Bacharelato do IES de Fene a exposición "Pola cara" cedida polo Museo do Humor de Fene que recopila un importante número de caricaturas de persoeiros famosos. As caricaturas estarán expostas ata o día 15 de febreiro

 

 

 

 

Charla de ASFEDRO de prevencion de drogodependencias

O martes 12 de xaneiro tiveron lugar no centro unhas charlas sobre "Prevención de drogas" impartidas pola asociación ASFEDRO (Centro Asistencial a Drogodependentes)  dirixidas aos grupos de ciclos de FP e FP Básica. Esta Asociación Ferrolana, combate a lacra da drogodependencia dende hai máis de 25 anos, e o fai cun plan integral que vai dende a prevención á reinserción.

Dentro do plan de prevención estivo esta charla, que foi orientada hacia as consecuencias do consumo de drogas, e sobre todo aos problemas mentais que provoca nos consumidores de cannabis, que abundan os adictos que trafican a pequena escala porque “o mercado atomízase con la crise” . Os municipios da mancomunidade ferrolá teñen acordos de colaboración con Asfedro para realizar proxectos de prevención de drogas entre menores e de reinserción de drogodependientes.

 

 

 

Xornada de kart no IES

O pasado día 3 de novembro tivo lugar nos talleres de automoción do IES unha xornada teórico-práctica sobre mecánica de kart. Contouse coa presencia de dous expertos e campions galegos de  karting en varias ocasions, César Cabarcos e Álvaro Muñiz que lograron atraer a atención de todo o alumnado e profesorado do ciclo de Vehículos, así como de algúns alumnos doutros ciclos que tamén se achegaron ata alí.

Nesta xornada, os relatores abordaron distintos aspectos do mantemento destes vehículos como son as reglaxes e o mantemento dos distintos compoñentes do kart, tanto chasis ocmo motor

O IES de Fene quere agradecer a César e Álvaro a súa presencia no centro e a súa boa disposición para explicar os pormenores desde deporte de motor ao alumnado dos ciclos de Vehículos.

Vídeo realizado por Alberto López, ax alumno do IES

Distribuir contido