Secretaría

Matricula 2º Ciclos Medios e FCT para o vindeiro curso

Ante a situación provocada pola pandemia do COVID-19 esta ano é posible realizar a matricula para o curso 2020-2021 sin necesidade de acudir ao centro educativo para o alumnado que promocione a 2º de CM ou que se matricule no módulo de FCT , as instruccións son as seguintes :

1-Enviar un correo co seguinte texto:

D. ............................................... con DNI..........................alumno/a do Ciclo Medio de ...................................................... solicita a matricula para o curso escolar 2020-2021 no IES de Fene

2- No Asunto Indicar:  Solicitude de matricula en 2º CM  ou  Solicitude no módulo de FCT

3. Achegar fotocopia ou foto do DNI por ambas caras

NOTA: A documentación do pago de Seguro escolar (-27 anos), as 2 fotos e a cumprimentación dos documentos correspondentes realizaranse nos primeiros dias do curso escolar.

Calendario de matriculación ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

  Achéganse documentos e ligazóns coa información necesaria para a matriculación para o curso 2016-2017

Matrícula en ESO e Bacharelato

 

Prazos de admisión en ESO e Bac

  Admisión  en Ciclos formativos de grao medio e superior

 

 

 

Impresos para solicitude de praza no IES de Fene. Curso 2015-2016

Achegamos impresos descargables para a reserva de praza no IES de Fene para o vindeiro curso 2015-2016

- Impreso para solicitar praza no centro 

- Impreso para marcar as optativas en 1º de Bacharelato

ADMISIÓN DE ALUMNADO. Calendario para o curso 2015-2016

Do 1 ao 15 de febreiro:  Reserva de praza para o alumnado dos centros adscritos (CEIP “O Ramo” e CEIP “Os Casais”) e alumnado do centro que cambie de ensinanza.

Antes do 1 de marzo: Publicación de vacantes

 Ver o calendario completo.....

 

Calendario escolar 2014-2015

Orde do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/15 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

 

Novos servizos web para solicitantes de ciclos formativos

CONTA ADMISION CICLOS

Hoxe puxéronse en marcha novos servizos en liña para as persoas solicitantes de ciclos formativos de formación profesional. Os servizos e a información están dispoñibles no portal de FP (www.edu.xunta.es/fp).

Os servizos dispoñibles son:

-  Consulta do historial persoal de admisión.
-  Solicitude web para calquera modalidade, réxime e grao.
-  Renuncia web a prazas adxudicadas en réxime ordinario.
-  Reserva de matrícula en réxime de persoas adultas na modalidade a distancia.

Xuntamos os documentos coas instrucións para estes servizos que tamén están dispoñibles no portal de FP

Matrícula 2014-2015

ESO E BACHARELATO

Achéganse as instruccións para efectuar a matrícula para o vindeiro curso 2014-2015 para o alumnado de ESO e Bacharelato que efectúe a matrícula en xuño. Para a matrícula de setembro aínda non son coñecidas as datas, publicaremos esta información en canto dispoñamos dela

Descarga instruccións de matrícula ESO-Bac

 

CICLOS FORMATIVOS:

Estamos á espera de que se publique no DOG a resolución pola que se determinan os prazos e se ditan instrucións no procedemento de admisión do alumnado para impartir ciclos formativos de formación profesional no próximo curso académico 2014/2015. De tódolos xeitos o período ordinario para a presentación de solicitudes de admisión (prematrícula) será dende o 17 de xuño ata o 2 de xullo.

 

Matrícula 2013-2014- Solicitude de admisión

Está aberto o prazo de admisión para o curso 2013-2014 para ensinanzas de ESO e bacharelato, entre o 5 e o 17 de abril. Pódense descargar aquí os impresos para imprimir:

- Impreso de admisión para ESO e Bacharelato

- Solicitude de optativas para 1º de bacharelato

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: ata o 10 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 31 de maio

Importante:  Non é preciso a presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo. A formalización da matrícula en ESO e Bacharelato deberá efecturase do 25 de xuño ao 10 de xullo.

CALENDARIO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNADO - Curso 2011/12

Do 1 ao 15 de febreiro:
Reserva de praza para o alumnado dos centros adscritos (CEIP “O Ramo” e CEIP “Os Casais”)

Antes do 1 de marzo:
Publicación de vacantes

Dende o 1 de marzo ao 31 de marzo:
Abrese un prazo de admisión de novo alumnado. A solicitude pódese recoller na Secretaría ou na Conserxería do centro ou descargar o Anexo II da Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG do 19 de marzo de 2007).

IMPORTANTE: Presentarase unha única solicitude

Do 1 ao 20 de abril:
Só no caso de que a demanda de prazas supere a oferta do Centro: presentación da documentación xustificativa dos méritos alegados para a aplicación dos criterios de admisión

Antes do 30 de abril:
Publicación das listas provisionais de admitidos e non admitidos. Estas listaxes poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro.

Antes do 15 de maio:
Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos


Do 25 de xuño ao 10 de xullo: Formalización da matrícula
Do 1 ao 10 de setembro: prazo extraordinario de matrícula


Nota.- O alumnado que solicite e obteña praza nun centro distinto ao que lle corresponda, non terá dereito aos servizos complementarios (transporte ) establecidos con carácter gratuíto  pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 

Descarga da solicitude de admisión (anexo II da orde do 17 de Marzo de 2007)

Descarga doutro documento para a solicitude de admisión

Orde do 17 de marzo de 2007 polo que se regula  o procedemento de admisión

Solicitude de admisión e matrícula para o curso 2010-2011

Oferta de postos escolares:

1º ESO
39 prazas
2º ESO 41 prazas
3º ESO 33 prazas
4º ESO 22 prazas
 1º Bacharelato 74 prazas
2º Bacharelato 32 prazas


CALENDARIO DE ADMISIÓN 2010/11

Solicitude de praza de novo alumnado: do 1 de marzo ao 6 de abril
. (Só se poderá presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma suporá a ineficacia das solicitudes presentadas).

Presentación de documentación xustificativa dos méritos alegados para a aplicación dos criterios de admisión (no caso de que a demanda de prazas supere a oferta): do 1 ao 20 de abril.

Antes do 30 de abril: Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. (Estas listaxes poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles dende a publicación das listaxes).

Antes do 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos.


CALENDARIO DE MATRÍCULA:

Do 25 de xuño ao 10 de xullo: Formalización da matrícula.
Do 1 ao 10 de setembro: prazo extraordinario de matrícula.

CENTROS ADSCRITOS:

1.    Colexio O Ramo.
2.    Colexio Os Casais.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO:

1.    Servizo de transporte escolar.

 

Descarga da solicitude de admisión

Descarga doutro documento para a solicitude de admisión

Orde do 17 de marzo de 2007 polo que se regula  o procedemento de admisión

Distribuir contido