Mes de agosto
Enviado por admin o Mar, 01/08/2023 - 11:53Durante o mes de agosto este centro permanecerá pechado.
Mentres tanto, atendémoslle no seguinte enderezo electrónico: ies.fene@edu.xunta.gal
Cheques material escolar
Enviado por admin o Lun, 10/07/2023 - 08:56Infórmase que todos os alumnos e alumnas da ESO que teñen concedida a axuda para material escolar, poden pasar a retirar o correspondente cheque na oficina de ESO-Bacharelato en horario de 9:30 a 13:30 horas. Poden consultar nos taboleiros do centro se lle foi concedida dita axuda.
Bolsa de emprego do IES de Fene (xuño 2023)
Enviado por admin o Ven, 23/06/2023 - 08:18Pode consultar aquí os perfís dispoñibles. Se vostede está interesado en contratar algún perfil, contacte co centro no seguinte enderezo electrónico para enviar o currículum correspondente: ies.fene@edu.xunta.gal
Horario de verán
Enviado por admin o Mér, 21/06/2023 - 06:56Mañá xoves 22 de xuño o centro comeza o horario de verán. Será de 8 a 14 horas, ata o 31 de xullo.
Mocidade Activa
Enviado por admin o Mér, 21/06/2023 - 06:53O Concello de Fene presenta o programa de verán Mocidade Activa. Máis info na web do concello premendo aquí
Pode descargar aquí a ficha de inscrición.
Entrega de boletíns de notas
Enviado por admin o Mér, 21/06/2023 - 05:20A entrega de boletíns de notas para todos os niveis (ESO, Bacharelato, ciclos medios e básicos) será o venres 23 de xuño ás 10:30 h. por parte do titor ou titora na correspondente aula.
Matrícula ESO e Bacharelato curso 2023-24
Enviado por admin o Lun, 19/06/2023 - 06:24Pódese consultar a información sobre o proceso de matrícula pinchando aquí
Datas e horario dos exames da convocatoria extraordinaria de bacharelato
Enviado por admin o Mér, 14/06/2023 - 06:09Accede á información desde aquí
Datas e horarios exames xuño FP: Alumnado con PD e probas libres
Enviado por admin o Ven, 09/06/2023 - 13:30Visita a ASPANEPS
Enviado por admin o Ven, 09/06/2023 - 04:39O pasado 31 de maio, o alumnado de 1º curso de ciclo medio de Soldadura visitaron o centro ocupacional de ASPANEPS, en Fene. Trátase dun centro para persoas adultas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento no que dispoñen de talleres de serigrafía, artesanía creativa, xardiñaría, compostaxe e reciclaxe de plásticos.
En canto á reciclaxe de plásticos, seleccionan o tipo de plástico (neste caso eran tapóns de botellas), tritúranos, e fundíndoos, elaboran novos produtos plásticos a través do uso de maquinaria especializada.
Con motivo da toma de conciencia sobre o exceso da utilización de plásticos e a importancia da reciclaxe, decidiuse incluír parte deste plástico reciclado nun compoñente útil do coche de inercia que está a construír o alumnado de Soldadura para a participación no “X desafío educativo Hiperbaric Challenge”. Este compoñente será o volante, que estará construído con aceiro e plástico reciclado.
Queremos agradecer a atención e o trato recibido polo persoal do centro ASPANEPS e felicitalos polo marabilloso labor que levan a cabo.
Gradación 2º de bacharelato
Enviado por admin o Mér, 07/06/2023 - 13:12O pasado venres 19 de maio tivo lugar o acto de gradación do alumnado da promoción 2021-2023 de bacharelato, que rematou este ano a súa última etapa no IES de Fene. Foi un acto moi emotivo no que participaron, ademais dos propios protagonistas, as familias, profesorado, dirección e concello coa presenza do alcalde Juventino Trigo. As intervencións dos delegados, titores, alcalde e director do centro estiveron cheos de risas, recordos e bos desexos para todo o alumnado e foron moi aplaudidas. Estas intervencións remataron coa lectura do poema inédito de María Lado “Graduación” a cargo de Sonia Gómez, titora de 2º de bacharelato A, co acompañamento musical de Sara, alumna do mesmo grupo. O acto finalizou coa entrega de orlas e recordos do seu paso polo centro.
A comunidade do IES de Fene deséxalles moita sorte nas probas de acceso á universidade, que se están a desenvolver estes días, así como na nova etapa que van a comezar.
O IES de Fene participa no Hiperbaric Challenge
Enviado por admin o Mér, 07/06/2023 - 07:40O alumnado do ciclo medio de Soldadura están a traballar na construción dun vehículo de inercia para participar na X edición de Hiperbaric Challenge que se desenvolveu durante o curso 2022-2023, e que llega ao seu fin o sábado 10 de xuño coa celebración da carreira de inercia en Burgos. Todos os equipos participantes porán a proba o deseño dos seus coches durante varias quendas a través do circuíto urbán que percorre a baixada do castelo ata o centro da cidade.
O desafío consiste en deseñar e construír un coche de inercia, dacordo aos requerimentos da Federación de Deportes de Inercia. Ademáis, o alumnado debe elaborar un proxecto que deberán defender ante un xurado de expertos/as e no cal non só se valorará a parte técnica, senón tamén os aspectos sociais, de marketing e de xestión. A presentación destes proxectos terá lugar o venres 9 de xuño nas instalacións da empresa organizadora, Hiperbaric, en Burgos.
Xornada de deporte adaptado no IES de Fene
Enviado por admin o Ven, 26/05/2023 - 15:28Este pasado mércores 24 de maio, o departamento de Educación Física do IES de Fene desenvolveu co seu alumnado unha xornada de deporte adaptado. Nesta xornada participou o club de baloncesto en cadeira de rodas Abeconsa Basketmi de Ferrol, que veu ao centro co material necesario para a práctica deste deporte.. Contamos coa axuda dos deportistas do equipo que lles explicaron ao noso alumnado as regras e pequenas diferencias co baloncesto que se xoga de pé e xogaron xunto a eles.
Foi unha xornada moi emocionante e didáctica na que o alumnado puido comprobar o que supón ese cambio de perspectiva.
Agradecemos ao equipo a sua disposición para que a rapazada puidera participar nesta actividade.
Actividades Letras Galegas 2023
Enviado por admin o Ven, 26/05/2023 - 15:12Neste ano no que se homenaxea a figura de Francisco Fernández del Riego tivemos ocasión de colaborar con dúas das sociedades culturais do concello que nos invitaron a celebrar de forma conxunta esta data. O sábado 13 un grupo de rapaces e rapazas de 1º de bacharelato do noso centro acompañados polo seu profesor de Lingua e Literatura Galega e director do centro, Xoán Vázquez, fixeron unha presentación sobre a figura do autor homenaxeado. Na presentación, que leva por título "Fernández del Riego desde a perspectiva do alumnado do IES de Fene", móstrase un percorrido pola vida do escritor homenaxeado desde a súa infancia e mocidade, os seus anos universitarios, a participación forzosa na contenda civil ou a época como guionista da BBC ata a presidencia da Real Academia Galega. Durante a presentación tamén leron algunha das cartas que o autor intercambiou con Paz Andrade ou Cunqueiro así como un fragmento do libro de viaxes "Galicia".
O martes 16 pola tarde desenvolveuse esta actividade no CPS de San Valentín. O alumnado deu a coñecer a figura de Fernández del Riego a todos aqueles que se achegaron ata a sociedade cultural.
Tamén o martes pola tarde pero, nesta ocasión no noso centro, o alumnado de ESO participou nunha xornada lúdica e cultural para celebrar as nosas letras. Desenvolvéronse diversas actividades como unha xincana, proxección audiovisual, xogos de mesa e ata un minitorneo de baloncesto.
Podedes descargar algunha das actividades nos seguintes enlaces:
Agradecemos á Liga de Amigos de Barallobre e ao CPS de San Valentín a súa invitación e desexamos que sexa a primeira de moitas outras colaboracións.
Imaxe de Galicia Aberta
Xornada de emprendemento FPEmpresa
Enviado por admin o Ven, 26/05/2023 - 07:12O pasado luns celebrouse no salón de actos do edificio A un relatorio sobre o mundo do emprendemento. Dito relatorio está integrado dentro do programa da Consellería de Educación Eduinspira, o cal trata de achegar ao alumnado o mundo do emprendemento e que así o poidan ter presente como unha saída profesional. Os relatores foron Eliana Oliveros (autónoma dedicada a impartir diferentes cursos de formación), Hugo Fraga (empresario do sector do marketing dixital) e Ángeles Santos (responsable de recursos humanos de Genessal Energy, do sector enerxía). Foi dirixido ao alumnado dos primeiros cursos dos ciclos medios.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »