O IES de Fene en #CanalFPGalicia.tv

Vídeo presentación do IES de Fene no #CanalFPGalicia.tv

Lista completa de vídeos do IES FENE premer aquí

Continúa a matriculación nos ciclos da FP

Cheques de material escolar

Infórmase que todos os alumnos e alumnas da ESO que teñen concedida a axuda para material escolar, poden pasar a retirar o correspondente cheque na oficina de ESO-Bacharelato en horario de 9:00 a 13:30 horas. Poden consultar nos taboleiros do centro se lle foi concedida dita axuda.

Horario de oficina mes de xullo

Infórmase que durante o mes de xullo, o horario de oficina será de 9:00 a 13:30 horas.

Entrevista en Radio Fene a Mónica Sarmiento e Inés Piñeiro

Entrevista en Radio Fene a dúas profesoras do departamento de Instalacións e Mantemento, Mónica Sarmiento e Inés Piñeiro acerca do proxecto de innovación que se entá a desenvolver no centro, Invernadoiro 4.0

 

 

 

 

 

 

Información dos ciclos formativos que se poden cursar na comarca de Ferrol

Publicación no Dario de Ferrol na que se proporciona información acerca da oferta formativa de ciclos de Formación Profesional que se poden cursar na comarca e na que se menciona ao IES de Fene

Especial FP en La Voz de Galicia sobre FP na comarca de Ferrol

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Apostando pola innovación didáctica no IES de Fene

O próximo curso 2023 chegará ó ciclo de mantemento electromecánico material de última xeneración, grazas a participación do departamento de mantemento na convocatoria de proxectos de innovación e investigación aplicadas á transferencia do coñecemento en Formación Profesional, financiados polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. O proxecto “Robótica colaborativa e clasificación de produto con AGV” resultou premiado entre outros proxectos e ideas procedentes de toda España.

Nesta ocasión traballamos cos seguintes Centros: IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa), CIFP Nicolás Larburu LHII (Euskadi), Politécnico de Cartaxena (Murcia) e a empresa internacional Festo Automation, S.A.U.

O obxectivo deste proxecto é a creación, programación e desenvolvemento dunha cela de traballo industrial cun robot colaborativo e un robot A.G.V.(vehículos autónomos guiados), equipos que permitirán simular un entorno industrial moi semellante ao que @s alumn@s poderán atopar no futuro ao ingresar na súa vida laboral.

Este proxecto é un importante reto, xa que supón traballar con centros de diferentes puntos de España e cunha empresa de grande prestixio internacional, o que nos pode abrir as portas a novas colaboracións e retos profesionais.