Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar 2021-2022

O prazo para presentación de solicitudes é ata o día 22 de xuño, na Oficina do IES de Fene de 9:30 a 13:30 horas . O alumnado repetidor de 4º de ESO poderá presentala no prazo de un mes dende a formalización da matrícula en setembro 

Descarga de Instruccións e impresos

 

 

Graduación 2º de Bacharelato 2019-2021

O pasado venres 21 de maio tivo lugar no centro o acto de Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Foi un acto moi especial e moi desexado, a súa organización estivo marcada polas polas normas Covid vixentes durante todo o curso, normas que lamentablemente excluían a presenza das familias pero que por outra banda fixeron do evento unha reunión máis segura. Pero estes novos tempos traen tamén novas solucións e as famlias puideron seguir o acto desde as súas casas xa que foi retransmitido en directo.

No acto estivo tamén presente o alcalde de Fene Juventino Trigo e a concelleira de Xuventude, Deporte e Ensino Angeles Coira. O profesor Jose Mouriz leu un emotivo discurso, que xuntamos a continuación

 Discurso de Jose Mouriz

Moita sorte e moitos éxitos na súa nova andadura ós/ás estudantes protagonistas desta graduación

 

 

Convocatoria Premios extraordinarios de Bacharelato

ORDE do 9 de abril de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311A)

Convocatoria 2020-2021

Proceso de admisión. Listaxe de alumnado admitido

Está publicada no taboleiro do centro a listaxe de alumnos e alumnas que solicitaron praza para o curso 2021-2022 no IES de Fene e foron admitidos/as

Proxecto de innovación: A Realidade Aumentada aplicada na Tecnoloxía Hidráulica

O proxecto “A Realidade Aumentada aplicada na Tecnoloxía Hidráulica” resultou premiado na Resolución do 9 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional.

O presente proxecto xurde da idea de aplicar as novas tecnoloxías na práctica diaria da aula, preténdese que os profesores empreguen novos recursos que capten a atención do alumnado e adaptarnos os novos cambios nas competencias e perfís profesionais que se precisan, resultado das novas tecnoloxías. Con este proxecto preténdese traballar as competencias relacionadas ca Industria 4.0, concretamente ca tecnoloxía Hidráulica.

 

A tecnoxía Hidráulica está a experimentar unha constante evolución, actualmente está inmersa na transición cara o que se coñece como Industria 4.0, onde os sistemas hidráulicos son controlados a través de software que integran numerosas funcións de control e lóxica de movementos que anteriormente eran controladas hidromecánicamente. Nesta búsqueda atopamos na realidade aumentada o vehículo para achegarnos o noso alumnado, por un lado estamos a axilizar o volume de información relacionada ca automatización hidráulica e por outro empregamos a tecnoloxía móbil accesible a tódolos usuarios.

A realidade aumentada proporciona información engadida a un espazo real e aplícase en operacións de mantemento mediante a visualización das instalacións con información engadida sobre o seu estado. Do mesmo xeito a reparación de avarías con manuais de apoio dixitais diminúe o tempo de espera co conseguinte aforro de tempo e recursos.

Na seguinte ligazón www.departamentomantementoiesdefene.com atópase toda a documentación xerada no proxecto.

 

 

Mobilizate pola selva

Campaña de reciclaxe de móbiles para protexer os ecosistemas africanos. 

As persoas interesadas en participar poden entregar os seus móbiles en desuso aos docentes do departamento de Ciencias. Por cada 30 terminales enviados, gáñase un apadriñamento anual gratuito de un dos chimpancés rescatados no Centro de Rehabilitación de chimpancés en Congo

   

https://mobilitzatperlaselva.org/es/

 

 

Proceso de admision para o curso 2021-2022

Acheganse os instruccions para o proceso de admision no IES de Fene para o curso 2021-2022

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

CALENDARIO DE ADMISIÓN

Día de Rosalía no IES de Fene

Entroido, febreiro 2021

 

PROBAS ACCESO A CICLOS GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR 2021

Convocadas as probas de acceso. Adxúntase a Orde de convocatoria e o calendario das probas.

https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-acceso-ciclos-grao-medio-superior-orde-convocatoria-2021

Para máis información podedes poñervos en contacto có Departamento de Orientación.

Programa escolar de consumo de froitas hortalizas e lácteos

 

 

A partir do luns 1 de febreiro comezou no IES de Fene o "Programa Escolar de consumo de froitas e hortalizas" de FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) destinado a alumnado de ESO. 

A froita estará a xunto á porta de saída ao patio, a súa zona de recreo, e terán que comela fóra, distanciados máis de 2 metros, estando coa mascara separada ou baixada o mínimo tempo posible

 Dito programa terá unha duración limitada a dúas semanas

 

 

 

 

 

 

Plan de ensino virtual e outras novas

A Xunta presenta o Plan de ensino virtual ante a Covid-19 como recurso ante posbiles periodos de ensino non presencial e actualiza normas sobre ventilación e protocolos e Plan de continxencia nos centros educativos

Plan de ensino virtual

Resolución sobre horarios e ensino virtual

Resolución conxunta, do 2 de novembro de 2020, de Plan de Continxencia ante peches

Recomendacions sobre ventilación nos centros educativos

Actualización do Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 e Actividades Extraescolares

 HORARIOS ESPELLO DO IES DE FENE no caso de ensino NON PRESENCIAL ESO   -   FP BÁSICA  -    BACHARELATO  -   CICLOS MEDIOS

 NOVOS HORARIOS DE SAÍDA ESCALONADA:

13:55: 1º ESO, 1º Bacharelato 

14:00: 2ª e 3º ESO 

14:05 : 4º ESO, 2º Bacharelato e 1º e 2º de FP Basica

14:10: Ciclos medios, agas quenes marchen en bus que sairan ás 14:05

Bo Nadal!!

Os alumnos e as alumnas do departamento de Francés e tamén algun espontáneo desexan a tod@s un Bo Nadal e un Feliz Ano 2021, 

Preme aquí  se non ves o vídeo

25 de novembro, día contra a violencia de xénero

Autora: Bárbara Mourelo Novo, profesora de Música e vicedirectora

Xuntanza virtual formativa dirixida ás familias

   COMUNICADO DA ANPA DO IES DE FENE

Achégase convocatoria para unha xuntanza virtual formativa dirixida ás familias que terá lugar o xoves 26 de novembro en horario de 16.30 a 18.30h. As inscripcións serán por orde de inscripción e se hai moita demanda organizaríase un grupo para as persoas que están nas directivas e outro para familias en xeral.

Consideramos que pode ser de interés debido os tempos que estamos a vivir polo COVID 19 que nos fai replantexar xeitos de relacionarnos e novas necesidades, de ahí que no proxecto de prevención de condutas adictivas  incorpora o Concello de Fene o PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO DIXITAL.

FICHA DE INSCRICIÓN

Distribuir contido