Entroido 2023

O pasado 17 de febreiro celebramos o Entroido no IES de Fene. Despois de tres anos sen unha celebración como era costume, este ano por fin puidemos retomar actividades como o concurso de sobremesas de entroido, organizado polo EDLG, e o concurso de disfraces e comparsas. Ademais ao longo da mañá desenvolvéronse outras actividades como unha feira con diversos xogos, organizado polo alumnado de Música de 1º e 2º de bacharelato, obradoiro de pulseiras e o 1º torneo de Entroido de fútbol entre alumnado de bacharelato e FP.

Esperamos que disfrutárades da xornada.

 
 

Imaxes do concurso de comparsas. Cedidas por Eva Rodríguez

Reserva de prazas e admisión alumnado curso 2023-24

Infórmase que:

1.- Reserva curso 2023/24:

Todos os alumnos e alumnas que solicitaron reserva de praza no IES de Fene, procedentes dos centros "O Ramo", "Os Casais" (para 1º da ESO), e "A Xunqueira" (para 1º de Bacharelato) están admitidos.


2.- Admisión curso 2023/24:

(alumnado procedente doutros centros que non están adscritos ao IES de Fene)

Deberán seguir as instrucións na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ O prazo de solicitude é do 1 ao 20 de marzo.

 

Vacacións de Entroido

Durante os días 20, 21 e 22 de febreiro o centro permanecerá pechado.

Pode empregar o enderezo ies.fene@edu.xunta.gal para calquera consulta.

Volve o ciclo ContandoCiencia

 

Nesta ocasión seráDna. Carmen García Jares, doutora en Farmacia e catedrática de Química Analítica na USC co relatorio “Seguridade dos produtos cosméticos”. Será na Casa da Cultura do Concello de Fene, este xoves 9 de febreiro ás 19:30 horas.

Dna. Carmen García Jares Realizou a súa formación postdoutoral no Institut d'Oenologie-Diréction Générale de la Concurrence, de la Consommation et de la Représsion des Fraudes (DGCCRF, Ministère de Finances, Bordeaux, Francia).

Ao longo da súa traxectoria investigadora seguiu varias liñas de traballo: 1- a caracterización de produtos naturais (destacando a uva e o viño) e os subproductos derivados da súa transformación, para mellorar a calidade do produto e atopar novas aplicacións para a valorización dos residuos. 2- enfocada ao control ambiental, achegando metodoloxías máis simples e limpas para a análise de contaminantes prioritarios e emerxentes, e os subprodutos da súa degradación,. 3- centrouse no desenvolvemento de metodoloxías para o control analítico e a seguridade dos produtos de consumo e de coidado persoal, tendo en conta tamén os seus produtos de degradación.

Desde 2010 é coordinadora do Grupo de Investigación LIDSA (Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento de Solucións Analíticas) da USC. Membro do Comité Editorial da revista Cosmetics, recentemente editou un volume especial dedicado ás tendencias no desenvolvemento de produtos cosméticos e á problemática do seu control analítico.

É membro da Sociedade Española de Química Analítica, da Sociedade Española de Cromatografía e Técnicas Afíns e da Sociedade Española de Espectrometría de Masas. É membro da Asociación Española de Normalización, e participa activamente no Comité Técnico sobre conservantes e antioxidantes de cosméticos.

 

O alumnado de Francés deséxavos bo Nadal

O alumnado de Francés do IES de Fene quere desexar a tod@s un bo Nadal e un feliz ano 2023.

Vacacións de Nadal: Días de apertura do centro

Durante estas vacacións de Nadal, o centro abrirá de 10:00 h. a 13:00 h. os seguintes días:

26, 27, 28 e 29 de decembro de 2.022 e 3 e 4 de xaneiro de 2.023.

O resto dos días, para calquer incidencia ou comunicación, pode vostede dirixirse ao enderezo ies.fene@edu.xunta.gal 

 

Bo Nadal e Feliz 2.023 !

Nova charla de ContandoCiencia, xoves día 1 de decembro

Este xoves 1 de decembro ás 19:30 h. na Casa da Cultura de Fene, nova charla: “Metabolismo, obesidade e outras cuestións”.

 

A relatora será Sulay Tovar Carro, investigadora do Ramón y Cajal e do CIMUS. Doutora en bioloxía pola UDC. Desenvolveu o seu labor investigador con estadías en Institute for Genetics. University of Cologne (Colonia, Germany); Genome Research Institute, Obesity Research Center University of Cincinatti (USA) e Universidade de Córdoba. Membro da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición e da Sociedade Galega de Endocrinoloxía e Nutrición. Autora de numerosos artigos en revistas científicas e relatorios en congresos estatais e internacionais. Premio Roche Farma 2005 e 2006; Premio Sergio Vidal 2006, Premio de Investigacións da Academia Médico-Quirúxica.· Vémonos!!

 

Conmemoración do 25 N

Hoxe conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres e no IES de Fene tivemos a sorte de contar con Joshua Alonso Mateo e Sara Amorín para dirixir un obradoiro sobre violencia de xénero. Joshua e Sara son axentes de igualdade e realizan unha labor marabillosa formando e sensibilizando a persoas de distintos ámbitos e idades sobre a violencia machista. Foron dúas sesións emocionantes e enriquecedoras  nas que se falou de diferentes tipos de violencia, sexual, dixital, psicolóxica, a violencia do cine e as series e nas que o alumnado tivo a posibilidade de tomar parte na actividade e expoñer as súas inquedanzas e opinións.

Sentímonos agradecid@s de poder contar con persoas que traballan para vencer esta lacra e implicad@s en poñer o noso grao de area na prevención e formación sobre violencia machista das novas xeracións.

Joshua agasallounos cun exemplar do libro "No camiño do vento", un libro de poemas e ilustracións de súa nai, María José Mateo, que forma parte dun proxecto solidario que leva o mesmo nome. Ademais asinou no libro da nosa biblioteca.

A actividade contou tamén coa presenza de Mª Carmen Martínez, concelleira de Ensino, Benestar Social e Igualdade, á que agradecemos a colaboración para levar adiante este tipo de actividades e a implicación do concello de Fene na loita en prol da Igualdade

Acceso á web Sesé Mateo

Eleccións ao Consello Escolar 2022

Calendario electoral: consultar aquí

Sorteo de membros da Xunta Electoral: consultar aquí

Circulares: Profesorado   Familias  Alumnado

 

Modelos de presentación de candidaturas:   

Nas seguintes ligazóns pode vostede descargar o correspondente impreso segundo o colectivo ao cal pertenza:

Profesorado       Alumnado      Pais/Nais

Entregar cuberto nas oficinas do centro. Prazo ata mércores 16 de novembro.

 

Candidaturas presentadas: consultar aquí

 

Resultado das eleccións:

Pode consultar aqui as actas dos escrutinios. 

 

 

 

Este xoves volve ContandoCiencia

O ciclo de relatorios ContandoCiencia volve este xoves 17 de novembro ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Fene.
O relator será José Edelstein, profesor de física teórica na USC, investigador e divulgador científico co relatorio "Buratos negros”. Profesor de física teórica na Universidade de Santiago e investigador do Instituto Galego de Física e altas enerxías, é autor de numerosos artigos científicos e de libros de identificación cientítica. Co-autor, xunto con Andrés Gomberoff, do libro “Einstein para perplejos” co que obtiveron o Premio Prismas 2019.

ERASMUSDAYS 2022

Os pasados  dias 13,14 e 15 de outubro tivo lugar o evento  ERASMUS DAYS, que é unha campaña de celebración que pon en valor os beneficios da mobilidade europea, mediante a difusión dos proxectos do programa Erasmus+, implicando á comunidade educativa e á cidadanía en xeral. No IES de Fene expuséronse distintos murais nos que se recollen os ülitmos proxectos nos que participa o IES de Fene, así como a proxección de vídeos e imaxes na pantalla instalada xunto á pasarela

Aquí amosanse varias fotos da celebración do evento no IES de Fene

 

 

 

 

Eleccións ao Consello Escolar 2022

O vindeiro xoves, 27 de outubro, ás 12:10 h, celebrarase no salón de actos “Xaquín Marín” o sorteo público para a designación dos integrantes da Xunta Electoral, que será a encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar do IES de Fene.

As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos.

            Barallobre, 25 de outubro de 2022

 

                       O director

 

                     Xoán M. Vázquez Vázquez

Continúa o ciclo Contando Ciencia

Continúa o ciclo de conferencias Contando Ciencia organizado pola biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene en colaboración coa concellaría de Ensino. A cita será o próximo xoves 20 de outubro no salón de actos da Casa da Cultura de Fene ás 19:30 h. Nesta ocasión o protagonista será o investigador do SERGAS Manuel Collado Rodríguez que abordará o tema  "A Procura da fonte da xuventude".

Manuel Collado Rodríguez é investigador do SERGAS no Hospital Clínico de Santiago onde dirixe o grupo de “Senescencia celular, cancro e avellentamento”. É doutor pola UAM, realizou estadías posdoutorais no Ludwig Institute for Cancer Reseach de Londres, na NYU Medical School e no Memorial Sloan Kettering Center de New York.

Manuel Collado tamén e autor de numerosos artigos de investigación en revistas científicas de alto impacto. O seu labor científico desenvolveuse fundamentalmente na área do cancro e en particular en mecanismos de supresión tumoral, fundamentalmente no proceso de senescencia tumoral. Recentemente o seu traballo trata de entender a implicación de células nai adultas en cancro e avellentamento.

A CHARLA FOI ADIADA PARA O XOVES 27 DE OUTUBRO

Días non lectivos curso 2022-23

Comunícase que os días non lectivos elixidos polo centro para o presente curso son o 9 de decembro de 2.022 e o 2 de maio de 2.023.

Volve Contandociencia

Organizado pola Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino do Concello de Fene, volve Contandociencia, un programa que botou andar o curso pasado e que retoma a súa actividade co obxectivo de achegar a ciencia á poboación en xeral. Aberto ao público en xeral, todas as conferencias terán lugar na Casa da Cultura, un xoves ao mes (agás en xaneiro e maio que serán un martes) e sempre ás 19:30 con entrada gratuíta.

O ciclo principiará o vindeiro xoves 22 de setembro co relatorio “A tecnoloxía na botadura: 50 anos do Arteaga” que correrá a cargo do enxeñeiro naval e oceánico Raúl Villa Caro. Licenciado en Mariña Civil (sección náutica) pola Universidade do País Vasco, capitán da mariña mercante, enxeñeiro técnico naval, enxeñeiro naval e oceánico, doutor en enxeñería naval e oceánica, Raúl Villa Caro é profesor asociado da Universidade da Coruña e imparte docencia na Escola Politécnica Superior e na Facultade de Ciencias do Traballo. A maiores da súa actividade docente e investigadora, reflectida en 150 publicacións repartidas entre libros, artigos en revistas científicas e relatorios en congresos, exerce a súa actividade profesional na Ingeniería de Construcciones de Buques (Arsenal de Ferrol) como xefe de enxeñería de plataforma.

O programa completo pódese consultar aquí

Distribuir contido