Eleccións ao Consello Escolar: Eleccións dos representantes de nais, pais ou titores/as legais do alumnado

 
                                                          CIRCULAR INFORMATIVA
 
 
            De acordo coa Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, o próximo día 23 de novembro, en horario de 16:30 a 19:30 horas, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do IES. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:
 
            1º.-Quen pode votar.
 
            Teñen dereito a votar todos  os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.
 
            2º.- Modo de emitir o voto.
 
            a) O voto será directo, secreto e non delegado.
 
            b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.
 
            c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo 1 nome das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.
 
            d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.
 
            A dirección deste IES anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.
 
                                                         Fene, 17 de novembro de 2021
                                                           O DIRECTOR DO CENTRO,
   
 
 
                                                   Asdo.: Xoán Manuel Vázquez Vázquez.

Eleccións ao Consello Escolar: Integrantes das mesas electorais

1. Vogais titulares para a mesa de pais e nais:                       
- Susana María Arteche Castro
- María Aída Iglesias Fernández
- Lucía Fariña Freijomil
- Leandro Rey Lamas
 
2. Vogais suplentes para a mesa de nais e pais:
- Thiam Mouhamed
- María Rocío Castro López
- Xiana Pereira Martínez.
- Jenny Jenjery Ortiz Ortega
 
   
1. Vogais titulares para a mesa do alumnado:            
Susana Fernández García
- Martín Abelleira Cuenca
- Raimon Domínguez Freire
- Martín García Sánchez
2. Vogais suplentes para a mesa do alumnado:
- Sandra Canosa López
- Candela Pena Seoane
- Brais Ameneiro Ameneiros

Eleccións ao Consello Escolar

Calendario electoral: consultar aquí

Resultado do sorteo de membros da Xunta Electoral: consultar aquí

 

Modelos de presentación de candidaturas:   

Nas seguintes ligazóns pode vostede descargar o correspondente impreso segundo o colectivo ao cal pertenza:

Profesorado       Alumnado      Pais/Nais

Entregar cuberto nas oficinas do centro. Prazo ata venres 12 de novembro.

 

Candidaturas: consultar aquí

Integrantes das mesas electorais: consultar aquí

Eleccións dos representantes de nais, pais ou titores/as legais do alumnado (circular informativa): consultar aquí

Resultados do escrutinio: consultar aquí

 

 

Visita de alumnado e profesorado de Lodz, Polonia

O pasado outubro, tivemos con nos a un grupo de estudantes polacos, país co que anualmente mantemos relación a través de diversas actividades organizadas polos profesores do instituto VI LO im. Joachima Lelewela de Łodzi (Polonia).

Os alumnos polacos visitaron, cos alumnos do IES de Fene, a cidade de Santiago e compartiron con nós tres días no instituto, días de xogos e actividades conxuntas, das que vos ensinamos algunhas fotos.

Eles, xa pola súa conta, visitaron tamén Coruña, Betanzos e Pontedeume, e percorreron varias localidades de Ferrol, as nosas praias e castelos, das que destacaron a súa beleza.

Esperamos que esta experiencia quede no recordo dos nosos alumnos do IES de Fene como o inicio dunha andadura de intercambios con estudantes doutros países (cando se empeza, hai que repetir…) que continúe ao longo dos anos e dos países!

Saúdos e voltade, alumnos de Łodzi!

Consello Escolar: Resultado do sorteo de membros da Xunta Electoral

 

Representantes do profesorado:

Titular: María Souto Prieto

Suplente1: Santiago Varela Pedreiro

Suplente2: Caridad Silva Fernández

Representantes dos pais/nais ou titores legais:

Titular: Lorena Castro Cabral

Suplente 1: Eugenia M. Sanmartín Alonso

Suplente 2: Ricardo Dapena Fontao

Suplente 3: Luisa Pazos Ribas

Suplente 4: María Santos Corral

Representantes do alumnado:

Titular: Adrián Cadenas González

Suplente 1: Raimon Domínguez Freire

Suplente 2: Pablo Pazos Paz

Representantes do persoal de administración e servizos:

Titular: Óscar Leira Dopico

Suplente: Lourdes Regueira Guntín

Calendario de eleccións ao Consello Escolar

Pódese consultar na seguinte ligazón

Plan de adaptación á situación COVID19 e Plan de continxencia

Nas seguintes ligazóns pódense consultar os plans actualizados correspondentes ao curso 2021-22:

 

Plan de adaptación á situación COVID19

Plan de continxencia

Sorteo público para designación de membros da Xunta Electoral

O vindeiro venres, 29 de outubro, ás 10:10 h, celebrarase no salón de actos do centro o sorteo público para a designación dos integrantes da Xunta Electoral, que será a encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar do IES de Fene.

As eleccións celebraranse a finais do mes de novembro. Aqueles membos da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura voluntaria para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamamente se farán públicas pola Xunta Electoral do centro.

Lembramos que o CONSELLO ESCOLAR, ten como función a representación de todos os sectores que forman parte da comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado, ANPA e concello, polo que é moi importante que sexa activo, dinámico e comprometido.

Animámosvos a participar e a colaborar na súa constitución. Contamos con vós.

Atentamente,

Barallobre, 27 de outubro de 2021

O director



Xoán M. Vázquez Vázquez

Días non lectivos curso 2021-22

Os días non lectivos para este curso, aprobados polo Consello Escolar o pasado 14 de outubro, son os seguintes:

7 de decembro de 2021 e 16 de maio de 2.022.

Circular informativa

CIRCULAR INFORMATIVA:  Á atención das familias e alumnado matriculado no IES de Fene:

1. TRANSPORTE METROPOLITANO 

Ante os continuos problemas que está a padecer o noso alumnado en relación co servizo de transporte, queremos explicar esta situación.

En primeiro lugar, debemos informar que ao IES de Fene chega o alumnado en cinco autobuses, tres da empresa Arriva e dous da empresa Monbús (UTE Hércules Norte):

O IES de Fene ten concedido pola Consellaría de Educación un servizo de transporte gratuito para o alumnado da ESO domiciliado nas parroquias de Limodre, Maniños, Magalofes e Barallobre. En total son tres autobuses da empresa ARRIVA que percorren o municipio con saídas desde Magalofes, Limodre e Barallobre. Estes autocares van recollendo ao longo destas parroquias e en paradas rexistradas ao noso alumnado, mesmo de Bacharelato e Ciclos Formativos.

O resto do alumnado actualmente está utilizando dous autobuses pertencentes á UTE Hércules Norte, concesionaria do servizo público regular de transporte de viaxeiros por estrada desta zona e dependente da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, desde decembro de 2020.  Estes autocares teñen a saída na estación de autobuses de Ferrol, percorrendo os concellos de Narón, Neda e Fene.

Aquí é onde comprobamos que non hai suficientes prazas para traer a todo alumnado, de modo que case sempre quedan alumnos/as sen poder subir aos autobuses, tanto á ida como á volta. Como consecuencia, e ao longo destas catro semanas de curso, constatamos faltas de asistencia ás clases que imposibilitan un seguimento regular do seu proceso de ensino-aprendizaxe.

A ANPA do noso IES, desde o primeiro momento realizou xestións coa empresa e coa Consellaría de Mobilidade buscando solucións. Onte, o concello de Fene aprobou unha moción instando a Monbús a corrixir o mal funcionamento do servizo.  En conclusión, queremos trasladarlles que seguimos buscando solucións e que agardamos que proximamente se poidan ir resolvendo estes problemas.

 

2. HORARIO DO CENTRO

Os martes o centro está pechado desde as 14.30 ata as 16.00 h. Por tanto, rogamos ás familias que non envíen os seus fillos/as ao instituto antes desa hora e que saiban que nese intervalo non hai profesorado que poida atendelos ou responsabilizarse do que lles ocorra. 

 

Barallobre, 8 de outubro de 2021

 

O director

Asdo.: Xoán Manuel Vázquez Vázquez

Presentación da ESA

Hoxe luns 20 de setembro terá lugar a presentación para os alumnos e alumnas da ESA no salón de actos de FP ás 17:30 h. 

Información inicio de curso 2021-22

Horarios das presentacións

Todos os grupos da ESO: mércores 15 ás 10:30 h. Os alumnos estarán no centro ata as 12:00 h. O mércores haberá servizo de autobuses da compañía Arriva pero non de Monbus (transporte metropolitano). O xoves comezará o alumado da ESO as clases xa en horario normal. 

Todos os grupos de bacharelato: xoves 16 ás 10:30 h.  Os alumnos de bacharelato estarán no centro ata as 12:00 h.

Todos os grupos de FP Básica e ciclos medios*: xoves 16 ás 11:30 h.

* Agás ZM Mantemento electromecánico que será o xoves 16 ás 16:30 h.

 

Documentos relacionados co protocolo covid19

Declaración responsable: Para as familias. Imprimir e entregar cuberta ao respectivo titor ou titora.

Enquisa de autoavaliación: Para o alumnado e o profesorado. Non hai que entregala.

Entrega de boletíns de notas convocatoria setembro

A entrega dos boletíns de notas da convocatoria de setembro de ESO, Bacharelato e FP Básica terá lugar o próximo martes 7 de setembro ás 11:00 h na aula correspondente. Asemesmo, cada alumno e alumna da ESO/Bacharelato recollerá o sobre de matrícula na oficina no cal se indicará a hora á cal formalizará a matrícula o mesmo martes pola tarde.

Tamén se recorda aos alumnos e alumnas a obriga de devolver os libros de texto prestados. No caso do préstamo de fondolibros, en caso de non devolución, non terán dereito a dito préstamo no curso 2021-22.

Abertos prazos de admisión e matrícula FP

Nas seguintes ligazóns poderá vostede obter información sobre os prazos de admisión e matrícula abertos de FP Básica e FP de grao medio.

Máis información na oficina de FP.

Exames de setembro 2021

Calendario de Exames de setembro para os grupos de ESO, 1º de Bacharelato e 1º de FP Básica, curso 2020-2021

 

Distribuir contido