O IES de Fene colabora fabricando protectores sanitarios e doando material.

O noso compañeiro Manuel Couceiro, docente do IES de Fene, está colaborando con docentes doutros centros educativos da comarca na fabricación de protectores sanitarios con imporesora 3D, destinados fundamentalmente ao hospital ferrolano Arquitecto Marcide, aínda que tamén o están solicitando outros centros de saúde e hospitais.

Parabéns pola iniciativa, a Manuel e demais compoñentes do grupo!!

Ademais, a petición da consellería, o IES de Fene doou tamén 21 caixas de guantes de 100 unidades, e 152 de mascarillas para uso sanitario

Retrincos de cores - Aprendemos en casa

A orientadora do centro, Maite envíanos esta publicación do COPG (Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia) ao que pertence como colexiada, onde se publica "Retrincos de cores" para traballar cos nenos e nenas nesta emerxencia sanitaria. Está feito dende o GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias ). E un material útil para abordar esta emerxencia sanitaria a través do debuxo. 

 Ademais, en La 2  de RTVE comeza o luns 23 o programa "Aprendemos en casa" un programa que complementa a teleformación. Para o alumnado do IES de Fene, o horario é de 12:00 a 13:00 para 1º e 2º de ESO e de 13:00 a 14:00 para 3º e 4º de ESO

Recomendacións do colexio de Psicoloxía

Estimados compañeiros e compañeiras: 

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en primeiro lugar, queremos trasladarvos todo o noso afecto nun momento tan difícil para a nosa comunidade. 

A través da nosa Sección de Psicoloxía Educativa, na cal se integran moitos psicólogos e psicólogas que exercen nos departamentos de orientación dos centros, elaboramos un documento con recomendacións para a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado) para estas semanas tan excepcionais. 

DESDE O COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA

DESEXÁMOSVOS A TODA A COMUNIDADE

MOITA AFOUTEZA

Horario de atención ao alumnado durante a suspensión das clases

Mensaxe para o alumnado e as familias.

O horario de atención ao alumnado por parte do seu profesorado, que fara o seu labor de xeito telemático durante a suspensión das clases, será de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres

Para contactar con alguen do equipo directivo, enviar un e-mail ao correo do centro: ies.fene@edu.xunta.gal

NOVAS ACADEMICAS

Como consecuencia da suspensión temporal das clases, decidiuse suspender tamén as sesións de todas as avaliacións previstas  para todos os grupos do centro, debido a que aínda quedaban algúns exames pendentes de realizar con algúns grupos. Retomaranse os exames pendentes e fixaranse novas datas de avaliacións cando se reanuden as clases.

Por outra parte, xa se estan empezando a utilizar as aulas virtuais de Moodle, Google Classrooom e fotocopiadora virtual  para a teleformacion que se impartirá a partir de agora, en breve se enviara información, ben polo correo electronico ou a traves desta web

 

SUSPENSION DAS CLASES EN GALICIA NAS VINDEIRAS 2 SEMANAS

Na mañá do xoves 12 de marzo anunciouse a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns 16 de forma oficial e a partir o venres 13 de forma recomendada-. “Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados”, explicou  o presidente Feijoo.

Comunicado do presidente da Xunta

Medidas coronavirus

Medidas preventivas especiais Xunta de Galicia

Informarase aquí acerca das novidades respecto este tema nos aspectos de interese para o alumnado e a as familias

ADMISION DE ALUMNADO - Ampliado o prazo ata unha semana despois de reanudarse as clases

Con respecto ao prazo de admisión de novo alumnado para o que a data límite de presentar a súa solicitude é o 20 de marzo, comunícase que o 20 de marzo é un dos días non lectivos elixidos polo centro é o 19 é festivo polo que o último día real deste prazo de admisión de novo alumnado é o día 18 demarzo

NOVO!! 13-3-2020 Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

O IES de Fene na First Lego League

Dous equipos de alumnado do IES de Fene participaron o pasado 15 de febreiro na First Lego League, que tivo lugar en Ferrol. Acadaron o premio ao melllor deseño de robot. Moitos parabéns!!

Nova en La Voz de Galicia

Imaxes do evento en La Voz

DIAS NON LECTIVOS

Os días non lectivos elixidos polo centro para este curso 2019-2020 son os seguintes:

- Venres 31 de xaneiro

- Venres 20 de marzo

CONVENCION SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA

No ano 2019 celebrouse o 30 aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e, con tal motivo, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia ven de promover unha nova edición en galego do texto íntegro do tratado e unha serie de convencións adaptadas coa finalidade de achegar os dereitos da infancia ao conxunto da sociedade galega poñendo un fincapé especial nos nenos, nenas e adolescentes.

Convención, texto oficial

Convención, adaptación de 9 a 12 anos

Convención, adaptación de 13 a 17 anos

infanciagalicia.org

Bo Nadal e lipdub do alumnado de Francés

Alumnado de Francés de 2º e 3º de ESO, preséntannos o seu lipdub da canción  francesa de Eurovisión Junior 2019, e os de 1º de ESO desexando Feliz Nadal en francés

 

Preme nestas ligazóns se non ves os vídeos: 1º ESO  -  2º e 3º ESO

Grupo de Lodz -Polonia- comparten proxecto co IES de Fene

Durante a semana do 20 ao 25 de outubro, un grupo de 15 alumnos  e 3 docentes procedentes de Lodz, Polonia, estiveron desenvolvendo un proxecto xunto con alumnado de 4º de ESO da materia de Economía. Dito proxecto aborda temas como a búsqueda de emprego, o mecado laboral para mozos e mozas, traxectoria profesional, competencias clave a desenvolver, etc,  e tamén abordaron aspectos como intelixencia emocional, pensamento crítico, coordinación e cooperación, toma de decisións, avaliaciòn de situacións e de forma especial a creatividade.

Visitaron Santiago onde fixeron xogos nas rúas como parte do proxecto, A Coruña, Betanzos, Pontedeume, etc. E fixeron unhas actuacións especialmente para o resto do alumnado no salón de actos do IES de Fene. Uns días inesquecibles para tod@s nos que se compartiron moitas experiencias e aprendizaxes de cara ao seu futuro laboral, pero o especialmente enriquecedor foi o contacto entre alumnado de diferentes países durante esta semana

     
     

Encontro en Fene: Erasmus+ "UNITED FOR EUROPEAN EMPLOYMENT"

Dende o pasado 13 ao 18 de outubro visitáronnos os nosos socios no proxecto Erasmus+ "United For European Employment" que se leva a cabo entre 2018 e 2020 . 5  alumnos e 2-3 docentes de cada país, Aix en Provence (Francia), Augusta (Italia), Madeira (Portugal ) e Mountbellew (Irlanda) estiveron desenvolvendo actividades relacionadas co tema do emprego e fixeron diferentes visitas culturais  durante esa semana xunto con 20 alumnos e 8 docentes do IES de Fene.

Foron recibidos polo alcalde de Fene Gumersindo Galego e a concelleira Juana Barro no salón de actos do instituto. Entre as actividades desenvolvidas destacan origami e building domes para romper o xeo, traballaron en SWOT Matrix, visitaron Inditex e a torre de Hércules na Coruña, asistiron á conferencia dun emprendedor, fixeron unha actividade de Elevator Pitch, visitaron Exponav en Ferrol, fixeron outra actividade de Speed Job Dating, visitaron o Museo de Historia Natural en Ferrol, xantaron no IES Fraga do Eume e por último visitaron Pontedeume. Unha semana repleta de interesantes experiencias, seguramente inesquecibles para a meirande parte do alumnado  e profesorado participante.

   
     

HIPERBARIC CHALLENGE - 2º posto na carreira do 22 de xuño en Burgos

Alumnos e profesores do IES de Fene, dos ciclos de Automoción e Soldadura, viaxaron a Burgos o pasado mes de xuño para participar na  carreira de vehículos de inercia Hiperbaric Challenge celebrada o día 22 de xuño nesta cidade. O vehículo co que participaron foi posto a punto nos propios talleres polo alumnado e profesorado implicado, e acadaron o segundo posto na clasificacioón, sendo esta a primeira vez que participan

Para o desenvolvemento do proxecto, contaron cunha subvención do CONCELLO DE FENE para os gastos de viaxe e aloxamento, así como coa colaboración de empresas patrocinadoras: ORTEGAL OIL de Fene, COMASA de Fene,  DIRESA de Narón, FERPA de Viveiro, NORTE AGROFORESTAL de A Capela, JOYPA de Pontedeume e outras

 

Entrevista en Radiofusión

 

ALUMNOS E ALUMNAS DE ECONOMÍA, NO VI EMPRENDE XOVE MINIMARKET

PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS EMPRESARIAIS DO ALUMNADO DE ECONOMÍA, NO VI EMPRENDE XOVE MINIMARKET, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DE XÓVENES EMPRESARIOS DE FERROLTERRA.

Os nosos alumnos e alumnas elaboraron distintos proxectos empresariais que presentaron nunha gala final, na que tamén participaron outros 13 centros educativos da zona de Ferrolterra. De entre os 50 proxectos presentados, os equipos do IES de Fene recibiron o premio ao MELLOR PROXECTO DE RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL, dotado con 250 €, para o proxecto ECOCLOTHES, e tamén o premio ao MELLOR PROXECTO OU IDEA EMPRESARIAL da ESO e BACHARELATO, dotado con 500 €, para o proxecto O NOSO FOGAR.

Noraboa ao noso alumnado!!!!

Enlaces á noticia en Diario de Ferrol  --  Galica Ártabra Dixital

Neste vídeo podedes ver un pequeno resume da presentación que fixeron dos seus proxectos.

Distribuir contido