Encontro en Fene: Erasmus+ "UNITED FOR EUROPEAN EMPLOYMENT"

Dende o pasado 13 ao 18 de outubro visitáronnos os nosos socios no proxecto Erasmus+ "United For European Employment" que se leva a cabo entre 2018 e 2020 . 5  alumnos e 2-3 docentes de cada país, Aix en Provence (Francia), Augusta (Italia), Madeira (Portugal ) e Mountbellew (Irlanda) estiveron desenvolvendo actividades relacionadas co tema do emprego e fixeron diferentes visitas culturais  durante esa semana xunto con 20 alumnos e 8 docentes do IES de Fene.

Foron recibidos polo alcalde de Fene Gumersindo Galego e a concelleira Juana Barro no salón de actos do instituto. Entre as actividades desenvolvidas destacan origami e building domes para romper o xeo, traballaron en SWOT Matrix, visitaron Inditex e a torre de Hércules na Coruña, asistiron á conferencia dun emprendedor, fixeron unha actividade de Elevator Pitch, visitaron Exponav en Ferrol, fixeron outra actividade de Speed Job Dating, visitaron o Museo de Historia Natural en Ferrol, xantaron no IES Fraga do Eume e por último visitaron Pontedeume. Unha semana repleta de interesantes experiencias, seguramente inesquecibles para a meirande parte do alumnado  e profesorado participante.