Portal realizado no IES de Fene para o concello

Recentemente tivo lugar o acto de entrega do portal do ximnaxio do Museo do Humor de Fene realizado por alumnado de soldadura do IES de Fene baixo as directrices dos seus profesores, segundo o convenio asinado co concello de Fene

Graduación de 2º de bacharelato 2017-2019

O pasado venres 24 de maio tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato, que rematou este ano a súa última etapa no IES de Fene. Moita sorte agora nas probas de acceso á universidade, e na nova etapa das vosas vidas que agora comezades

Unha horta no IES de Fene - FP Básica

O noso alumnado de 1° de FP Básica coa súa profesora Laura Viñas Mayo están a traballar nun novo proxecto, a hortiña do IES de Fene... Parabéns!!!!!! #orgulloFPB E grazas ao noso profesor, Daniel, pola súa implicación 

 
 

 

 

Calendario de exames extraordinarios 2º Bacharelato

Calendario de exames extraordinarios para 2º de Bacharelato, que se realizarán en xuño de  2019

 

Xornada de portas abertas 11 de xuño

O vindeiro 11 de xuño terá lugar a unha nova convocatoria da Xornada de portas abertas no IES de Fene. Nela daranse a coñecer os ciclos formativos que se ofertan actualmente neste centro a todas aquelas persoas que queiran asistir.

Nesta Xornada, os Departamentos de Soldadura, Automoción e Instalación e mantemento do IES de Fene tentarán informar sobre as moitas posibilidades, principalmente nas moitas saídas laborais que estes Ciclos ofrecen, a persoas desempregadas, empresas, familias e público en xeral.

Seguemento do evento do 11 de xuño no Facebook do departamento de Mantemento

Resumo da xornada do pasado 2 de maio

Agardamos por vós nesta Xornada do día 11 de xuño!

 

 

 

 

 

V Olimpiada de Traducción de Textos Clásicos (Latín e Grego)

Dous alumnos de 2º de bacharelato, Silvia Altonaga Iglesias e Mario López Freire participaron na V Olimpiada de Traducción de Textos Clásicos (Latín e Grego) celebrada en Santiago de Compostela o pasado mes de abril.

Silvia obtivo o terceiro premio de Traducción de Textos Gregos, entregado o 15 de maio na facultade de Filoloxía da USC e dotado con unha coroa de oliveira, unha medalla e 100 euros

Parabéns Silvia!!!

SUPRime o ConTRoL - Martes 14 de maio

 

 

 

O vindeiro martes 14 de maio ás 18:00 horas termos unha charla dirixida ás famlias no Salón de Actos de FP, no IES de Fene, na que falaremos sobre a prevención  da violencia de xénero, dentro dun programa socioeducativo levado a cabo pola Deputación de A Coruña: SUPRime o ConTRoL

Agardamos as familias do noso alumnado!!

 

Carta para os pais

 

 

 

 

 

 

 

 

Festival da Francofonía en Vilanova de Arousa co IES de FENE

Video do festival no que participa alumnado do IES de Fene (hai que visualizalo en YouTube). Alí estan os nosos alumnos e 2 profesoras os días 6 e 7 de maio

Alumnado de dezaoito institutos participantes de toda Galicia representarán cancións do mundo francófono

 

 

 

Cancións Francofonía 2019

Cartel

 

 

Xornada de portas abertas. Xoves 2 de maio

O vindeiro xoves 2 de maio terá lugar unha xornada de portas abertas no IES de Fene. 

 Nesta Xornada, os Departamentos de Soldadura, Automoción e Instalación e mantemento do IES de Fene tentarán informar sobre as moitas posibilidades, principalmente nas moitas saídas laborais que estes Ciclos ofrecen, ao alumnado de 4º curso da ESO do noso IES e do colexio Jorge Juan, de Fene.


Na recepción ao alumnado daráselles unha breve charla relativa aos Ciclos formativos, así coma tamén aos Bacharelatos, para a continuación visitar os talleres nos que se desenvolven os Ciclos formativos impartidos no IES de Fene.

Pódese ver a información na paxina de Facebook do Departamento de Mantemento

Ver ligazon

 

 

AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA ESA III

Poden consultar no documento as datas da avaliación extraordinaria de ESA III.

Calendario

 

 

Aulas virtuais de Moodle no mobil e na tablet

Xa se pode acceder ás aulas virtuais de Moodle a través do móbil ou tablet, utilizando a app Moodle Classic

Para acceder ás aulas virtuais do IES de Fene, hai que escribir na app a dirección do Moodle do centro https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfene/aulavirtual/  e a continuación o nome de usuario e contrasinal coa que se accede habitualmente via web

 

 

FP Básica: Reforma dun vestiario no IES

Este curso académico, os alumnos de 2° FP Básica de Fabricación e Montaxe cambiaron as aulas por un proxecto de reforma dun vestiario do IES mediante a Aprendizaxe Baseada en Proxectos. A utilización dun proxecto auténtico e realista, baseado nunha reforma real, foi altamente motivador e envolvente, os alumnos adquiriron as competencias nun entorno colaborativo en busca das solucións máis axeitadas a cada dificultade que xurdía na reforma. No seguinte video amosannos como foi o proceso

Xornadas de portas abertas FP

O pasado mércores 27 de marzo ttivo lugar no IES de Fene unha xornada de portas abertas da FP na que se presentaron os ciclos de grao medio, modular e FP Básica que se imparten no centro

As persoas visitantes puideron coñecer de primeira man e con detalle os diferentes aspectos e saídas profesionais destas enisnanzas, que foron explicadas polo profesorado de cada ciclo.

 

Entrevista na Cope do profesor Fernando Fresnillo e a orientadora Mar García a partir do minuto 52

 

Entrevista en Radio Fene de Fernando Fresnillo  e Mar García

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

CELEBRAMOS A "CHANDELEUR"

O pasado 2 de febreiro foi a "Chandeleur" (a Candelaria), e como manda a tradición os alumnos e as alumnas de francés fixeron e comeron crêpes para celebralo. Un 10 para todos estes cociñeiros e cociñeiras!! (Se non visualizas o vídeo, preme aquí)

Mobilidade a Aix-en Provence do 25 ao 30 de novembro de 2018

Na derradeira semana de novembro de 2018 tivo lugar en Aix-en-Provence, Francia, a primeira moblidade con alumnado dos cinco países participantes no proxecto: Francia, Portugal, Irlanda, Italia e España. Do IES de Fene participaron 5 alumnas e 2 profesoras que nos amosan nestes vídeos algunhs momentos desa inesquecible experiencia

 
Distribuir contido