ERASMUS+ RATE VARSOVIA 2018

Do 4 ao 9 de marzo, dous profesores do IES de Fene participaron nunha mobilidade a Varsovia, ao abeiro do programa Erasmus+ Rate (Raising Achievement Together), no que tamén participan outros tres centros da contorna, coordinados polo CFR de Ferrol. A finalidade da visita era a posta en común do proxecto cos nosos socios de Gales e Polonia e a formación dos profesores no ensino das materias STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), centrándose nesta visita nas boas prácticas en Matemáticas.

(Se non visualizas o vídeo, preme aquí)

Cinema en curso en FPB

Os alumnos de 2º de FP Básica do noso centro están a participar no proxecto Cine en Curso dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación Xunta de Galicia e organizado polo CGAI (http://www.cinemaencurs.org/es/node/1)

O obxectivo é que os alumnos aprendan sobre cine, observen ao seu redor e sexan capaces de crear unha curtametraxe. Para isto están a participar en talleres semanais co director de cine galego Xacio Baño, que os está introducindo no mundo da realización cinematográfica e os acompañará posteriormente no proceso de creación da curtametraxe. Todo un luxo, se dúbida.

Ata o de agora, os alumnos grabaron xa varios planos dos espacios que lles rodean e algún travelling e retrato. Aquí tedes unha pequena mostra.

 

PARABENS!!

Alumnado de 2º e 3º de ESO do IES de Fene acada o primeiro posto na First Lego League, concurso de robótica celebrado o pasado sábado 17 de febreiro no Auditorio de Ferrol, e pasa á fase estatal que terá lugar en Logroño os días 10 e 11 de marzo. Moitos parabens aos alumnos e alumnas, así como aos seus profes Begoña e Manuel, e moitos éxitos en Logroño.

Pola súa parte, o equipo WaterBots - IES de Fene quere facer extensivos os parabens aos/ás alumnos/as e ex-alumnos/as que participaron en pasadas edicións e que co seu traballo abriron o camiño para acadar este galardón. MOITAS GRAZAS!!

Ler a nova en Diario de Ferrol

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2018

 

Publicada a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180208/AnuncioG0164-310118-0001_gl.pdf

 

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos

Mais información:

 http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos

 

Mais información

https://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

 Se algún alumno/a está interesado nas probas, pode pedir mais información no Departamento de Orientación

PARTICIPACION NA FIRST LEGO LEAGUE- GALICIA 2018

Un grupo de alumnos e alumnas do centro de 2º e 3º de ESO participarán na First Lego League Galicia o vindeiro 17 de febreiro no Auditorio de Ferrol. Desexámoslles moito éxito despois do traballo realizado durante os últimos meses cos seus profesores de Tecnoloxía Manuel e Begoña

Ségueos en Instagram: 

waterbots2018

Titoría entre iguais

O pasado Mércores día 17 de Xaneiro, celebrouse no salón de actos do IES de FENE, a entrega de diplomas e carnets ó alumnado de 3º da ESO que participa no programa de Titoría entre Iguais para a prevención do acoso escolar. No acto estivo presente a Inspectora Elena Urtiaga, a Directora de Os Casais, Lorena Pita Fraga, a Pedagoga do Concello Mª José Paz e a Concelleira Mª Carmen  Martínez.
Os alumnos e alumnas de 3º da ESO comezan dende agora a súa labor coma titores, sendo un referente e un exemplo co seu comportamento para os titorizados de 1º da ESO. Esperamos que vivades unha enriquecedora  e grata experiencia!

 

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA - XAQUÍN MARÍN

 

O IES de Fene convoca un concurso de Banda Deseñada que ten como obxectivo fundamental descubrir os posibles talentos artísticos que haxa nos diferentes centros de ensino de Ferrolterra e así realizar novos proxectos de futuro. Este concurso rexerase polas seguintes 

BASES

 

 

 

 

 

 

 

Acreditación de competencias. Convocatoria 2018

Publicada a Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo: http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación está activa a partir do 10 de xaneiro de 2018.

  •  A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir paraser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2018.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas no centro onde se realice o procedemento ao que se presente a persoa solicitante.

 

Concurso EnFene-Nino

Presentamos as bases de dous concursos:

 Concurso de deseño do LOGOTIPO do proxecto de igualdade do IES de Fene: #enFeneNino para alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO e Formación Profesional Básica

BASES LOGOTIPO

 

Concurso de CURTAMETRAXES do proxecto de igualdade do IES de Fene: #enFeneNino para alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO. Cámara...acción!

BASES CORTO

Páxina en Facebokk de EnFene-Nino

Calendario escolar 2017-2018

Ligazón ao calendario escolar  para o curso 2017/18 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

Calendario escolar 2017-2018

ACTION! - VIDEO-DIARIO ENCONTRO EN BRAILA, ROMANIA (17-23 Maio 2017)

Os alumnos do IES de Fene que viaxaron a cidade romanesa de Braila dentro do proxecto Erasmus+KA2 Action! realizaron un video-diario amosando un pequeno resumo do que foi para eles esta inesquecible experiencia, na que houbo, por suposto, cine e coñecemento do lugar e a súa contorna, pero tamén moitos momentos de risas compartidas e convivencia. Esperamos que vos guste!

Se non visualizas o vídeo, preme aquí

Moitas saidas laborais en ciclos formativos. Entrevista en Radio Fene

O pasado venres 21 dous profesores do IES de Fene, Fernando Fresnillo e Juan José Seijo, foron entrevistados en Radio Fene para falar do futuro e perspectivas laborais de algúns dos ciclos  formativos de grao medio que se imparten no IES de Fene, precisamente os menos demandados e con menos desemprego, Instalacións Frigoríficas e de Climatización,  Mantemento Electromecánico. e Instalacións de Calor

 

  Pódese ESCOITAR AQUí A ENTREVISTA COMPLETA

 

Erasmus+: Prácticas de empresa de FP en Francia e Holanda

Este ano 6 alumnos de ciclos formativos fixeron as prácticas de empresa FCT en Francia e en Holanda, chegaron a eses países acompañados de dous seus seus profesores respectivamente quenes se ocuparon dos trámites iniciais co colexio colaborador e coas empresas. Nestes vídeos amósannos a súa experiencia

 Se non o visualizas, preme aquí  Se non o visualizas, preme aquí
Se non o visualizas, preme aquí Se non o visualizas, preme aquí

 

(Queda un vídeo pendiente de publicar)

Graduación de 2º de bacharelato

O pasado venres 16 tivo lugar no salón de plenos do concello de Fene o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato que remata os seus estudios no IES. Á cerimonia asistiron autoridades locais, o alcalde Juventino Trigo, pais, nais, avós e avoas, irmáns amizades, etc, así como moitos dos seus profesores e profesoras, incluso algúns que xa non estiveron no centro neste curso

O evento foi presentado por dúas alumnas que narraron a súa estadía e experiencias no centro en 1º e 2º de bacharelato destacando entre outras a participación no proxecto Erasmus+ Action!, agasallaron aos seus profesores cun pequeno trofeo destacando as cualidades de cada un deles/delas, presentaron fotos dos recén graduados dende a súa infancia e por último recibiron a orla do grupo xunto cun boligrafo do centro. Logo fíxéronse fotos no exterior e a foto de grupo de alumnos e profes e finalmente tomáronse uns aperitivos para rematar esta velada.

Acceso á galería de imaxes 

 

ACTION! VIDEO-DIARIO ENCONTRO EN LODZ, POLONIA ( 2-8 Abril 2017)

Os alumnos do IES de Fene que viaxaron a cidade polaca de Lodz dentro do proxecto Erasmus+KA2 Action! realizaron un video-diario da experiencia e dos momentos máis especiais para eles deste encontro no que houbo cine,visitas turísticas e actividades culturais, por suposto, pero tamén moita diversión, risas, e, sobre todo, amizade. Aquí tedes o resultado.

Se non podes visualizar o vídeo, preme aquí

Distribuir contido