EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA

Eleccións ao Consello escolar. Votacións para elección de representantes de pais e nais

O vindeiro luns 28 de novembro terán lugar no Salón de Actos do edificio de secundaria as votacións para elección de representantes de pais e nais do alumnado no Consello Escolar do centro, segundo o seguinte horario:

- de 14:05 a 14:45

- de 18:15 a 19:00

 

 

ACTION! Entrevistas e artigos en Radio Fene durante o encontro de maio

Durante o encontro de Action! que tivo lugar en Fene do 23 ao 29 de maio pasado  alumnas e profesoras participantes no proxecto foron entrevistadas en Raido Fene. Na seguinte ligazon podese escoitar a devandita entrevista

Entrevista   

 Artigo en Radiofusión: O ollo da mocidade e o cine en Europa

Ademais durante eses días, tamén se publicaron na web de Radiofusión varios artigos relativos ao evento

Charla de Emilio Varela no IES de Fene

O xornalista Emilio Varela volveu ao IES de Fene para impartir unha das súas  charlas. Nesta ocasión, o título foi “Atlantis: a ciencia do mito”. Contounos como unha  erupción volcánica na actual illa de Santorini puxo fin a unha civilización e deu, posiblemente, orixe ao mito da Atlántida. Non só foi  un recorrido interdisciplinar polo pasado. Emilio recordounos que todas as culturas tiveron un final e que a nosa forma de vivir a costa dun planeta limitado tamén nos obrigará a cambiar. A solución á sobreexplotación dos recursos e á contaminación non é un reto que se afronte voluntariamente. É unha necesidade.

Aproveitamos para recordarvos que, durante esta semana,  National Geographic  nos regala a todos o documental Before the flood; tamén se pode ver en castelán. Soupémolo via Microsiervos

ACTION! no IES de Fene no pasado mes de maio

Durante a semana do 23 ao 29 do pasado mes de maio tivo lugar o encontro do proxecto Erasmus+ ACTION no IES de Fene. Nel participaron un total de 24 estudantes e 14 docentes procedentes de Aubenas (Francia), Lodz (Polonia), Braila (Romanía) e Balikesir (Turquía) así como estudantes do IES de Fene. Durante esa semana desenvolvéronse distintos tipos de actividades, entre elas o visionado das curtametraxes elaboradas previamente polos estudantes dos diferentes países para o concurso celebrado aquí, unha mesa redonda sobre cine europeo, a votación para elixir os filmes premiados, visita ao CGAI e visionado de "El espíritu de la colmena", visita aos estudos de gravación da serie galega Serramoura, taller de filmación no IES co actor galego Mateo Gonzalez e rodaxe de unha curtametraxe de terror, taller de maquillaxe para  esa curtametraxe a cargo de Eva Tenreiro, taller de edicion e montaxe para a curtametraxe rodada previamente desenvolvido por Kuba Brzękowski, visita guiada a Pontedeume polo noso compañeiro Jose Antonio Carpente, e como broche final a cerimonia de entrega de premios no teatro Jofre de Ferrol seguida da festa de despedida en Bemantes. Unha semana repleta de boas experiencias e gratificantes momentos

Ver Galería de imaxes 

Ver curtametraxes premiadas

Recarga da tarxeta do transporte metropolitano

En relacion coa recarga da tarxeta de transporte metropolitano, dende a Xunta indicannos o seguinte:

As recargas faranse a partires do día 5 do mes seguinte (correspondente o gasto da primeira quincena) e do día 20 de mes seguinte (correspondente ó gasto da segunda quincena), e terá dous meses para poder facelo.

ANPA do IES de Fene

Aviso da ANPA. Horario de buses polas tardes

Con respecto ao servizo de transporte metropolitano polas tardes, os buses sairán Luns Martes e  Mércores  15:35 o que vai por Neda, e ás 15:45 o que vai por As Pías. Inicialmente manteñense as 2 rutas os 3 dias. 
Ao regreso é ao remate das clases Luns é Mércores  sae do instituto ás 18:‎45  e os Martes sae ás 17:55.
 O horario dos luns e dos mércores pola tarde permite o desenvolvemento de actividades no IES, organizadas polo centro, polo Concello ou pola ANPA

Mobilidades de alumnos de FP Erasmus+ a Bladel, Holanda

Tamén en maio pasado, dous alumnos do instituto realizaron as súas prácticas de empresa na localidade holandesa de Bladel. Nesta presentación amosan a súa experiencia: 

Mobilidades de alumnos de FP Erasmus+ a Le Puy, Francia

No pasado mes de maio, catro alumnos do instituto dos ciclos de Frío e Mantemento realizaron as súas prácticas de empresa financiadas mediante becas Erasmus+ na localidade francesa de le Puy. Nestes vídeos amósannos a súa experiencia:

 
 
 

Aviso da ANPA: Indicacións para o alumnado de transporte metropolitano

A partir de maña xoves póñense en marcha as liñas de Transporte metropolitano no horario  habitual para todo o curso.
Haberá dúas liñas de transporte metropolitano ao IES de Fene (levarán un cartel indicativo)
1) 7.35  Estación autobuses Ferrol, por Neda, Conces, Marques de Figueroa, Ies de Fene.
2) 7.45   Estación autobuses Ferrol, por Caranza, As Pías, Av. Naturais, Porta do Sol, Rego da Moa, Ies de Fene.

Todas as liñas regulares de Ares, Mugardos e  Pontedeume enlazaran na parada de A Solana (Barallobre) cun bus lanzadera nos horarios de entrada e saída ao IES de Fene.
O Alumnado da liña regular de  Autos Capela (por Sillobre) enlazará coa liña  2) de Arriva na Avenia Naturais de Fene.

As paradas de todas as liñas serán as oficiais do transporte público.

 

AVISO DA ANPA

A ANPA do IES de Fene comunica aos usuarios do transporte metropolitano que as paradas das Sillas do Perla e a do Concello NON están concedidas

ANPA: Novas rutas de transporte

A ANPA do IES de Fene informa de que finalmente poderá poñerse en marcha a proposta de dúas rutas, unha con saída da Estación de Autobuses de Ferrol ás 7:35 horas por Fene e Perlío, e outra con saída ás 7:45 horas dende a Estación de Autobuses de Ferrol pola Avenida das Pías entrando por Rego da Moa.

Estas dúas saídas chegarán ao mesmo instituto, e este segundo autobús sería o que realizaría a lanzadeira  en caso de necesidade.

Estes horarios son agora mesmo provisionais, de maneira que durante o transcurso dos días  se irían adaptando en función das necesidades.

 

TARXETA DE TRANSPORTE METROPOLITANO

Os menores de 18 anos xa poden ir solicitando vía web a tarxeta de transporte metropolitano coa que terán ata 60 viaxes gratuítas ao mes. O alumnado que teña 19 anos cumpridos terá que pagar.

A solicitude faise en ‎http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e  e logo recollese en ABANCA o día concertado na propia solicitude.

 

 

 

Plan Proxecta no IES de Fene - curso 2015-2016

Este curso, desde o Departamento de Matemáticas, volvemos traballar cos alumnos de 2º de ESO e FP Básica en dous programas, "Consumópolis" e "365 días de respecto e igualdade", dentro do plan Proxecta, que é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Para desenvolver "Consumópolis", traballouse con 22 estudantes de 2º ESO, que tiveron que superar unha primeira fase participando nun concurso on line sobre o consumo, e despois nunha segunda fase, tiveron que elaborar unhos vídeos que reflectiran as diferencias entre os hábitos de  consumo dependendo da cultura e do país, e unhas memorias finais do proxecto en xeral. Parece bastante importante con este tempo de crise e recortes, sobre todo no noso ámbito, o educativo, concienciar ao alumnado sobre a relevancia dun consumo responsable, non só polo aspecto económico senon tamén para promocionar un consumo saúdable e sostible. Deste xeito podemos conseguir ser persoas responsables e cun estilo de vida más axeitado ao noso tempo. 

En canto a "Por 365 días de respecto e igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito educativo", o traballo se fixo con todos os alumnos de FP Básica, e tivo como obxectivo principal proporcionarlles áos nosos alumnos e alumnas, formación e ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, para poder traballar na eliminación de estereotipos sexistas e de falsas crenzas.

Aquí se amosan as memorias e os vídeos elaborados polos alumnos de 2º de ESO de "Consumópolis":

Memoria DANESALIAL

Memoria The A Team

Memoria Las poderosas

(Os restantes vídeos serán engadidos en breve)

          

Calendario de matriculación ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

  Achéganse documentos e ligazóns coa información necesaria para a matriculación para o curso 2016-2017

Matrícula en ESO e Bacharelato

 

Prazos de admisión en ESO e Bac

  Admisión  en Ciclos formativos de grao medio e superior

 

 

 

Distribuir contido