Ciencias naturais
Ciencias Naturais
O departamento está formado por 1 profesor e 1 profesora1s. As materias que se imparten son as correspondentes ós seguintes estudios:
|
||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||
Programación didáctica 2021-2022
Enviado por admin o Mér, 01/06/2022 - 18:30
Bio Xeo 1º ESO | Bio Xeo 3º ESO | Bio Xeo 4º ESO | CuCi 4º ESO | |||||
Bio Xeo 1º BAC | CuCi 1º BACH | Bioloxía 2ºBACH | Xeoloxía 2º BACH | CTMA 2º BACH |
Visita á Cova do Rei Cintolo - Mondoñedo
Enviado por admin o Xov, 16/12/2021 - 19:24Pouco a pouco, volvemos ás actividades que son habituais no centro e regresamos á cova do rei Cintolo. Esta visita é unha iniciación á espeleoloxía, que combina o coñemento da xeoloxía da cavidade, co da vida que acolle e a súa relación co ser humano. Completamos a excursión cun paseo pola alameda dos Remedios, a praza da Catedral, a Ponte do Pasatempo e o Cemiterio Vello. Un recorrido que nos achega a ilustres mindonienses: Leiras Pulpeiro, Pascual Veiga, Carlos Folgueira "o Rei das Tartas", Marina Mayoral, e, por suposto, o noso señor Cunqueiro co seu mago Merlín… Todo un mundo.
Excursión a Mondoñedo
Enviado por admin o Xov, 06/04/2017 - 11:57O martes, 4 de abril, o alumnado de bacharelato matriculado en materias impartidas polo Departamento de Ciencias Naturais tivo a oportunidade de coñecer a Cova do Rei Cintolo. Abel Vigo, o arqueólogo do concello, fixo da actividade unha clase práctica de educación física, ciencias naturais e historia.
A xornada continuou cun pícnic na alameda dos Remedios e cun tranquilo paseo polas rúas e prazas de Mondoñedo. Antes de regresar, houbo tempo para unha parada no Cemiterio Vello e visitar as sepulturas de tres ilustres mindonienses: Pascual Veiga, Manuel Leiras Pulpeiro e Álvaro Cunqueiro.
A Cova do Rei Cintolo | Catedral de Mondoñedo | Cemiterio vello |
Charla de Emilio Varela no IES de Fene
Enviado por admin o Xov, 03/11/2016 - 19:02O xornalista Emilio Varela volveu ao IES de Fene para impartir unha das súas charlas. Nesta ocasión, o título foi “Atlantis: a ciencia do mito”. Contounos como unha erupción volcánica na actual illa de Santorini puxo fin a unha civilización e deu, posiblemente, orixe ao mito da Atlántida. Non só foi un recorrido interdisciplinar polo pasado. Emilio recordounos que todas as culturas tiveron un final e que a nosa forma de vivir a costa dun planeta limitado tamén nos obrigará a cambiar. A solución á sobreexplotación dos recursos e á contaminación non é un reto que se afronte voluntariamente. É unha necesidade.
Aproveitamos para recordarvos que, durante esta semana, National Geographic nos regala a todos o documental Before the flood; tamén se pode ver en castelán. Soupémolo via Microsiervos.
Charla sobre xenética impartida polo Profesor Angel Carracedo no IES de Fene
Enviado por admin o Xov, 13/02/2014 - 05:38O mércores 12 de Febreiro, estivo no Instituto o catedrático de medicina legal Profesor Dr Ángel Carracedo Álvarez, que impartiu unha conferencia sobre xenética, dirixida aos alumnos de 1º e 2º de Bacheralato. A actividade estaba organizada polo Departamento de Ciencias Naturais e Bioloxía, compre felicitar aos compoñentes do departamento polo éxito da mesma, xa que espertou un grande interés nos alumnos e alumnas asistentes como quedou demostrado polas intelixentes preguntas que fixeron durante o coloquio.
Carracedo Álvarez é un dos ciéntificos que traballa en Galiza con maior proxección internacional, creou un grupo de investigación que se converteu en líder mundial en xenética forense e referencia xenómica, foi pioneiro na introdución de novas tecnoloxias para a identificación forense mediante xenética molecular, ten sido requerido para participar en pericias famosas como na inestigación das vítimas do tsunami no sudeste asiático. O Profesor Carracedo é ademais un gran comunicador e unha persoa próxima como puidemos comprobar todos os que asistimos á súa disertación, e ao final da mesma fotografouse encantado xunto a un grupo de estudantes.
O IES de Fene agradece a súa participación, que considera de grande interese para espertar a curiosidade ciéntifica na mocidade, que é a base para que apostemos polo coñecemento