FOL

Concurso Eduemprende IDEA 2017

Convócase o concurso eduemprende Idea

Requisitos:

Alumnado matriculado no curso 2016/17 en Formación Profesional

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

 

Premios:

Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Asesoramento técnico do IGAPE.

 

Dotación económica:

1º premio: 3.000 euros

2º premio: 2.000 euros

3º premio: 1.000 euros

 

Que hay que facer?

Hai que presentar os proxectos, resumo executivo e elevator pitch para a súa participación.

 

Contacto:

Para calquera dúbida diríxete a Fátima Barreiro (titora do viveiro do IES de Fene)

Concurso Emprende Idea

Está aerto o prazo para presentarse ao concurso Eduemprende Idea 2016

DESTINATARIOS: Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

- Estar matriculado no curso 2015-2016 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.

- A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

- Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

PREMIOS:

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

Modalidade A: ciclos de grao superior

- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

- Asesoramento técnico do IGAPE.

1º premio: 3.000 euros

2º premio: 2.000 euros

3º premio: 1.000 euros

      Modalidade B: ciclos de grao medio

- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

- Asesoramento técnico do IGAPE.

1º premio: 3.000 euros

2º premio: 2.000 euros

3º premio: 1.000 euros

PRAZO:

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (29/4/2016).

Para mais detalles podedes consultar na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-idea

CURSO “EMPRENDE CON ÉXITO FERROLTERRA”

O centro de emprego do concello de Ferrol organiza un curso, "Emprende con éxito Ferrolterra" dirixidos a futuros emprendedores da comarca. 

  • Entidade organizadora: Centro de Emprego de Ferrol
  • Destinatarios: 15 proxectos emprendedores da comarca de Ferrol, Eume e Ortegal presentados con data límite 18/4/2016
  • Duración do curso: 200 horas

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, sito en Praza de Armas, s/n, en horario de 9:00 a 14:00. Presentarase en sobre pechado, consignando no exterior o nome do curso “Emprende con Éxito Ferrolterra” e os datos do solicitante.

 

Información http://www.ferrol.es/emprego

 

CHARLA: A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA COMO CHAVE PARA O TEU FUTURO

O martes 16 de febrero de 2016 desenvolverase no salón de actos do edificio de FP do IES de Fene ás 12:30, no marco do Programa Eduemprende Actúa, a charla: A actividade emprendedora como chave para o futuro.

Nesta charla contaremos coa presencia do técnico do IGAPE Roberto Vieites e con Puri Rodríguez Calvo socia da empresa PINGOTA COMUNICACIÓN  que nos contará a súa experiencia emprendedora.

 

 

XORNADA FINANCIACIÓN PEMES CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO

O próximo xoves 19 de novembro na Cámara de Santiago, grazas á colaboración da Fundación Galicia Europa, o consultor internacional para proxectos financiados con fondos multilaterais e programas da Unión Europea, Jorge Cisneros,  presentará o funcionamento de tres tipos de financiación europea da que as pymes poden beneficiarse: programas, instrumentos financieros e licitacións.

Prazas limitadas

Organizaranse encontros bilaterais co consultor ao finalizar a xornada, a partir das 13:00h, previa a solicitude da correspondente cita.

Inscrición na xornada

Distribuir contido