Física e Química

Departamento de Física e Química

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

 

O departamento está formado por 1 profesora e tamen imparten esta materia profesores dos departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais. As materias que se imparten son as correspondentes ós seguintes estudios:

 

 

2º ESO    3º ESO    -    4º ESO

• Física e química

 

• Física e química

1º BACHARELATO 2º BACHARELATO

• Física e química

• Física
• Química

 

 

 

Os contidos mínimos esixibles nos distintos cursos pódelos consultar ou descargar aquí:
Obxectivos e contidos mínimos de Física e Química

 

 

 

Onde estaban os átomos? Martes 4 de xuño ás 12 no salón de actos do IES de Fene

O martes, catro de xuño, a profesora Elena González Ferreiro do departamento de Física de Partículas da USC  pronunciará unha charla sobre a formación dos átomos e polo tanto sobre os primeiros instantes do Universo, tratando de dar resposta ás preguntas sobre o que son as partículas fundamentais e as interaccións entre as mesmas


Ver vídeo procedente do Informe Semanal de TVE


Vídeo conferencia na que participaron 60 institutos galegos


10 anos despois do Prestige

Despois de dez anos da catástrofe do Prestige, parece que todo quedou

esquecido.  Os alumnos que agora están e primeiro de Bacharelato tiñan

seis anos cando o barco se afundíu, deixando nas costas perto de

sesenta mil toneladas de chapapote con cerca dun tres por cento de

xofre na súa composición. As protestas foron multitudinarias, houbo

moitos culpables da  desfeita pero solo se sentan no banquiño dos acusados

tres persoas. Pasaron dez anos, a xustiza é lenta e agora xa non nos

acordamos moi ben de cómo ocorreu todo. O tempo foi enterrando a nosa

memoria
Este vídeo pretende recordar todo aquilo

 

Medidas de sonoridade no Instituto

Nestes días, 2 equipos de estudantes de 4º de ESO estiveron realizando medidas do nivel acústico en distintas dependencias do instituto e a distintas horas.

As medidas realizáronse cun sonómetro que da os resultados en decibelios A.

· O equipo formado por Ricardo Varela, Santiago
Pinto Laborde e Juan Ramón Pena obtivo os seguintes resultados:
  · O equipo formado por Sara Cribeiro, Saray
Rivera, Rocío Malpica, Vanesa Altonaga, María Menaya e Nerea Pantín
obtiveron os seguintes resultados:
Lugar Nivel acústico, en decibelios A Lugar Nivel acústico, en decibelios A
Valor
medio
Valor
máximo
Valor
máximo
Clase sen profesor 75 100 Corredor antes de entrar na clase 111,5
Cafetería 80 95 Recreo dentro do instituto 93,3
Patio 90 126 Recreo fora do instituto 88,9
Corredor no recreo 75 108 Na clase 89,9
Corredor na volta á clase 95 100  
Clase de Ética 50 93
Biblioteca 58 76

 

Conclusións :

1. Dentro da clase, cando o profesor está impartindo aulas, o nivel sonoro vai de 50 dB, sensación agradable, ata os 80 ou 90 dB, sensación ruidosa molesta.

2. Os corredores, antes da entrada na clase e no recreo, están entre 80 e 100 dB, é dicir, entre molesto e insoportable. A cafetería no recreo tamén é un lugar ruidoso, podendo chegar aos 95 decibelios.

3. O lugar máis ruidoso é o patio, que pode sobrepasar os 100 dB.

4. O lugar menos ruidoso é a biblioteca, que ten un valor mediode 50 dB

¿É ruidoso o instituto? Pensamos que si, que se pode baixar o nivel sonoro.

Neste estudo non se analizou a frecuencia dos sons, pero podemos afirmar que maioritariamente son de frecuencia alta, o que fai que sexan máis desagradables

Conferencia pronunciada por Vidal Romaní no IES de Fene: " Agardemos que nunca pase nada..."

Endesa cede o lago que se está a formar na antiga mina de lignito de As Pontes á Xunta de Galicia. Esgotado o carbón, deixan a tódolos galegos o problema, unha lagoa de auga contaminada con riscos xeolóxicos serios. O profesor Vidal Romaní comezou a súa disertación coas anteriores afirmacións.

O descoñecemento da Ciencia en xeral, neste caso da Xeoloxía, é unha eiva para os cidadáns á hora de tomar decisións que lles afectan, e á hora de esixir tanto das Administracións públicas como da empresa solucións adecuadas e seguras para a poboación e o medio ambiente no intre de abordar o problema  derivado da fin da explotación da mina de lignito.

Segundo o profesor Vidal Romaní, esta mina está situada nunha  falla activa. A mina formouse como consecuencia da actividade da falla. Está documentada unha serie histórica de sismos nesta zona, que abarca dende case un século antes de Cristo ata a actualidade

Que ocorrerá en caso de sismo?

A profundidade da neolagóa de As Pontes en 2012, ou ainda antes, atinxirá cando menos os 200m. A presión xerada por éste enchido pódese  calcular nunhas 20 veces a presión atmosférica. No caso de movemento da falla de As Pontes a presión hidrostática reducirá á metade o peso do macizo rochoso incrementando as posibilidades de movemento.

A desaparición do recheo de sedimentos e a sua substitución por auga suprimiu o freo que inicialmente había contra o movemento da falla.Agora, un movemento do macizo rochoso o que vai mover é só auga. O desprazamento da auga proucirá un tsunami local na lagóa.

A saída da auga, cando o enchido da lagóa remate non ten outro camiño que a canle do Eume ou os arredores da antigua mina (a Vila de As Pontes).

As augas da neolagóa  debido ao elevado contido en sulfuros tanto nas rochas (lousas piritíferas), como nos propios sedimentos da mina teñen un pH extremadamente acedo con un forte impacto nas fontes de auga doce. A drenaxe da mina foi desviada durante 30 anos ao encoro de A Capela. No fondo do vaso do encoro están acumuladas todas as lamas tóxicas que saían coas augas de drenaxe.

No caso de que o tsunami tivera lugar todas estas lamas tóxicas remexidas poa descarga sairían cara o mar a través das Fragas do Eume.

 

Que se podería facer?

Deter o proceso de enchido de auga impedindo que a profundidade chegue, como se ten previsto, aos 200 m. Tal vez con 30m abondaría.

Encher parcialmente o oco da mina con pedra caliza co fin de corrixir o pH acedo das augas.

Construir unha canle que permita o desagüe cara o Eume controlando os valores do pH das augas que drenen a través del.
A Xunta de Galicia non debe acetar o traspaso das competencias hasta que isto sexa totalmente garantido.

A cesión á Xunta debe ser de todos os terréos afectados pola explotación da mina incluidas as escombreiras rexeneradas cos seus bosques.

Instalarmos unha rede de sismógrafos que permita controlar a actividade sísmica da zona.


Como en principio semella que non se van realizar estas actuacións, o risco existe e polo momento a única esperanza que temos é que non pase nada...

 

A conferencia foi un éxito entre o alumnado, que estivo atento e interesado durante toda a intervención de Vidal Romaní e participaron activamente na mesma preguntado ao conferenciante moitas cuestións ao final da súa intervención. A opinión maioritaria resumese na frase que dixo un alumno: Nunca pensei que esto fose capaz de facer tanto mal

Riscos xeolóxicos nun lago artificial. Conferencia do catedrático da Universidade de A Coruña, profesor Vidal Romaní

 

O 16 de abril, venres o catedrático da Universidade de A Coruña e director do Instituto Universitario Isidro Parga Pondal pronunciará unha conferencia que versará sobre os riscos xeolóxicos derivados da lagoa artificial que ENDESA está a crear nos terreos da antiga mina de Lignito en As Pontes. Esta actividade está organizada polos departamentos de Física e Química e Ciencias Naturais e vai dirixida ao alumnado de bacharelato e ESO

 

 

Carlos Salgado. Física e Matemáticas tamén en galego

Física e Matemáticas tamén en galego

Publicado en Vieiros, 15/03/2010

Carlos Salgado, Doutorado en Fisica de Particulas na USC e dez anos de investigador no extranxeiro, na Universite de Paris XI, no CERN en Xenebra e na Universita di Roma "La Sapienza". Actualmente está no programa Ramón y Cajal na USC desenvolvendo investigación de relevancia para o colisionador LHC do CERN

Para entrar directamente no tema: cal é o esquema mental de quen pensa que non se pode ensinar Fisica e Matematicas en galego? Por que no decreto do galego son estas as asignaturas que hai que dar en castelán? E sobre todo: por que o castelán é máis adecuado?? Doulle voltas a cabeza e non lle atopo resposta. A dificultade das materias máis abstractas non está na lingua que se utiliza para transmitilas, senon nas técnicas, nas capacidades e nos medios de quen as imparte. Un teorema é o mesmo obxecto matemático e require das mesmas destrezas mentais en todas as linguas do mundo. As leis do electromagnetismo tamén.

Somos moitos os que tratamos de dar normalidade ao uso do galego na ciencia: se fixen a miña tese doutoral (en Física de Partículas) en galego non é por reivindicar nada, é por normalidade; se dou clases na Facultade de Fisica en galego é tamén por normalidade; se discuto cos meus colaboradores da nosa investigación en galego (ou inglés, ou francés, ou español ou italiano) é só por normalidade! Que anormalidade é a de decidir que o galego non é para as Matemáticas ou a Física? Por que xusto estas materias?

No fondo, este esquema mental ten moito de provinciano e despreciativo das propias capacidades. Quen pensa que a Física ou as Matemáticas non se poden ensinar en galego está pensando tamén que un galego non pode aportar nada a esas disciplinas científicas. É similar ao esquema mental imperante, aínda que cada vez menos, no mundo anglosaxón de desprezo polas capacidades científicas dos países latinos, en particular. E é deprimente que este sexa o esquema mental dos responsables da política educativa (e tamén, en parte da científica) deste país. A ciencia transmitese actualmente en inglés (non en español, por certo) mais a capacidade creativa non ten fronteiras idiomáticas. A normalidade no ensino da Física e das Matemáticas, dúas materias con moitas eivas, vai exactamente na dirección contraria. Este é un tiro no pé.

http://www.vieiros.com/columnas/opinion/1142/fisica-e-matematicas-tamen-en-galego

* Relacionada: Científicos galegos no exterior fan público un manifesto en defensa da lingua

 

Falando de Física de Partículas no IES de FENE

ECUACIONSO pasado venres 5 de febreiro de 2010  estivo no IES de FENE  Xabier García Feal , Licenciado en Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela e vencellado ao departamento de Física de Partículas, pronunciando unha conferencia . O título da conferencia foi “A Física na USC”. Na súa intervención, e no coloquio posterior á mesma, deu a coñecer as liñas de investigación en Física Teórica e Física Aplicada dos distintos departamentos da USC. O percorrido pola construcción desta ciencia ao longo da historia, desde Newton(1643-1727) ata Feynman (1918-1988), pasando por Maxwell, Einstein, Bohr,  Schrödinger ou  Heisenberg foi o fío conductor da disertación.  A conferencia arrancou  coa fotografía con máis sona da historia da ciencia moderna, a dos participantes na conferencia Solvay de 1927 (ver película gravada por o premio  novel Irving Langmuir ) na que están todas aquelas persoas contribuíron de forma decisiva ao desenvolvemento da ciencia actual, e como consecuencia ao avance tecnolóxico que hoxe temos. Pero a ciencia é unha construcción social, para que haxa científicos coma os que aparecen na conferencia Solvay ten que haber fondos económicos, necesarios para avanzar nas investigacións, e eso só é posible se a sociedade o demanda e é consciente da importancia da ciencia para o seu desenvolvemento. Cando no coloquio un asistente preguntou polo custe do   acelerador de partículas do CERN (Centre Européen pour la Recherche Nucléaire ) o LHC (Large Hadron Collider), Xabier García non dubidou en sinalar que o CERN precisa de moitos  fondos que aportan os estados membros da UE, pero que en todo caso é un centro de referencia en Física de Partículas a nivel mundial e moito mas rendíbel e menos custoso do que foi e segue a ser burbulla da construcción especulativa. Como centro que recibe os aportes científicos dos países membros fixo notar que a Facultade de Físicas da USC contribúe ao proxecto participando en unha parte importante do cálculo e na construcción dos detectores de partículas que se producen  no LCH, precisamente o catedrático Carlos Pajares da Universidade de Santiago é o representante español no CERN. Ao remate da  súa intervención fixo unha mención á situación actual da Física de Partículas, ás teorías Gauge, e á supersimetría, sin esquecer a partícula estrela: o bosón de Higgs, do que se prevé confirmar ou rexeitar a súa existencia no  LHC a finais de este ano, dicindo tamén que de que se confirme  ou non  a súa existencia vai depender de que unhas  teorías físicas ou outras pasasen   a mellor vida. Querémoslle agradecer a Xabier García a súa exposición da que tanto alumnos como profesores disfrutamos   

Conferencia de Nanotecnoloxía

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

O xoves 29 de xaneiro á 12:30 tivo lugar no salón de actos do instituto unha conferencia acerca de Nanotecnoloxía a cargo de D. Arturo López Quintela, catedrático de Química Física da Universidade se Santiago de Compostela, e director do grupo de investigación de nanotecnoloxía e magnetismo NANOMAG.

A conferencia estivo dirixida ao alumnado de bacharelato deste centro e foi organizada polos departamentos de Física e Química e Ciencias Naturais

 

 

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Distribuir contido