ANPA: Novas rutas de transporte

A ANPA do IES de Fene informa de que finalmente poderá poñerse en marcha a proposta de dúas rutas, unha con saída da Estación de Autobuses de Ferrol ás 7:35 horas por Fene e Perlío, e outra con saída ás 7:45 horas dende a Estación de Autobuses de Ferrol pola Avenida das Pías entrando por Rego da Moa.

Estas dúas saídas chegarán ao mesmo instituto, e este segundo autobús sería o que realizaría a lanzadeira  en caso de necesidade.

Estes horarios son agora mesmo provisionais, de maneira que durante o transcurso dos días  se irían adaptando en función das necesidades.