OS BENXAMÍNS DO INSTITUTO VISITAN CANTABRIA

O alumnado de 1º ESO realizou a súa viaxe de fin de curso os días 12, 13 e 14 de xuño.

O primeiro día deron un paseo pola praia das Catedrais e visitaron El Capricho de Gaudí en Comillas, para finalmente instalarse en Santillana del Mar. Un día despois, estiveron no Parque de Cabárceno e fixeron unha visita ao Museo Marítimo de Santander. Xa de regreso, o día 14, tiveron tempo para adentrarse nunha mina e visitar o Museo da Minería de El Entrego-Langreo, así como para dar un paseo pola vila de Ribadeo.

Pasárono realmente ben, pero o mellor desa viaxe foi a sensación que ían deixando ao seu paso, xa que por onde pasaban foron felicitándonos polo bo comportamento que tiñan (cousa, por outra parte, habitual no alumnado deste instituto). Ás veces só reciben os reproches ás súas condutas, por iso, de cando en vez, tamén hai que felicitalos: parabéns, rapaces e rapazas!!

Visita de docentes galeses e polacos

Hoxe día 5 de xuño recibimos no IES de Fene a visita dun grupo de docentes polacos e galeses, acompañados por algúns membros do CFR de Ferrol e directores de colexios e institutos da zona. Con todos eles o noso centro participa nun proxecto Erasmus+ , coordinado aquí polo CFR de Ferrol, no que se aborda a temática STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics). Os visitantes puideron observar en directo os traballos de robótica que se desenvolven no centro e tamén coas impresoras 3D, todo levado a cabo no departamento de Tecnoloxía con alumnado de 1º de bacharelato. Tamén se fixo unha demostración co kart que está a ser construído nos talleres de automocíon, labor no que participa alumnado de FP Básica.

 
 
 

ENCONTRO EN BRAILA, Action! 17-23 Maio 2017

 

 

Desde o día 17 ata o 23 de Maio un grupo de cinco alumnos e tres profesores do IES de Fene estiveron en Braila, Romanía, para celebrar alí o derradeiro encontro do proxecto Action! Foi unha semana inesquecible, chea de cine ( ademais do concurso de curtas, tivemos tamén grabación dunha curta, festival e gala de premios), experiencias novas ( visitas, excursións, "novos fogares"),  novos amigos e tantas e tantas cousas mais. O equipo romanés, do Liceul Teoretic “Nicolae Iorga” foi un anfitrión sobresaínte e fixo que todo saíra perfecto para todos os que disfrutaron desta mobilidade.

Fotos Emilie Redon, Francia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IES de Fene, único centro de Galicia con carta de mobilidade Erasmus+ para alumnado de FP en 2018

Nos pasados días, o SEPIE (Servicio Español Para la Internacionalización de la Educación) ven de publicar as listaxes de proxectos seleccionados para a modalidade Erasmus+ KA116 para alumnado de Formación Profesional, entre os que está o do IES de Fene, o único centro de Galicia entre os 38 proxectos aprobados. Con estas becas Erasmus+, seis alumnos do centro pasarán 4 semanas noutro país da UE relizando as prácticas de empresa ao finalizar o 2º curso de Formación Profesional en 2018

Actualmente, outros seis alumnos están realizando estas practicas FCT da convocatoria concedida o ano pasado, tres do ciclo de Frío na localidade francesa de Le Puy e outros tres dos ciclos de Vehículos e de Soldadura nas localidades holandesas de Bladel e Valkenswaard

Preparando as mobilidades no IES
Grupo de Francia no aeroporto Fronte ao instituto francés
 
Na entrada da empresa francesa Facendo as prácticas en SWABO, Holanda En Holanda, xa adaptados a pedalear
    

Visita ao IES de Fene de Cristina Otero Correa do proxecto Vura Music Project

 

O pasado venres 12 de Maio os alumnos de 3º ESO do IES acudiron á charla de Cristina Otero Correa, clarinetista e colaboradora voluntaria no proxecto Vura Music Project, un proxecto de desarrollo e integración social a través da educación musical. 

Cristina falounos do proxecto, crear e manter unha escola de música en Moyo ( Uganda) para os mais novos, e falounos de África… e trasladounos alí durante un anaquiño de tempo, entre  as súas xentes, os seus costumes e as súas necesidades. E vimos fotografías, preguntamos, reflexionamos e compartimos ideas. Grazas Cristina por axudarnos, como tí dis, a ir mais alá do que ven os nosos ollos.

 

 

 

 

 

 

 

Video ACTION! dende dron

Este é un dos vídeos realizados no obradoiro de manexo dun dron para filmación o pasado 27 de abril

Se non visualizas o vídeo, preme aquí

OBRADOIRO SOBRE O EMPREGO DE DRONES NO CINE

O día 28 de Abril tivemos a sorte de contar con Juan Mato Gago, da empresa Eco Espacio Drones, que nos amosou as posibilidades dos drones, non só no terreo das inspeccións aéreas de tendidos eléctricos senón tamén no mundo da publicidade e do cine. Despois dunha exposición teórico-práctica sobre o uso dos drones nos diferentes ámbitos pero enfocada sobre todo hacia o cine, tivemos a oportunidade de facer unha pequena filmación cun dron nas pistas do instituto, onde os alumnos formaron as letras da palabra ACTION cos seus propios corpos e esta imagen foi grabada polo dron. Toda unha experiencia!

Visita do grupo ACTION! de Lodz (Polonia)

 Durante a semana do 24 ao 28 de abril o IES de Fene acolleu a un grupo de estudantes e docentes polacos que compartiron cos estudantes e docentes feneses unha morea de experiencias, tanto dentro como fora doi nstituto.

No instituto as/o estudantes  traballaron na elaboración dunha curta coa temática "A fronteira" e co condicionante "10 esceas, 10 frases". Ademáis asistiron á proxección dun film español e posterior debate e grabación de esceas de recomendación do filme, foron de visita a Santiago de Compostela, asistiron a un curso de manexo e grabación con drons a cargo de Juan Mato Gago, participaron no festival na Casa da Cultura de Fene onde se aomosou todo o feito en ACTION!  ata o momento,  e para rematar a semana unha camiñata polas Fragas do Eume e visita ao castelo de Andrade. Unha semana fructífera e inesquecible para todas e todos

     
 Sesión de traballo  Despois da entrevista en Radio Fene       Visita a Santiago, tellados da catedral
     
 Festival Action na Casa da Cultura de Fene Excursión polas Fragas do Eume As pistas do IES a vista de dron

Festival ACTION!

O pasado xoves 27 de abril  na Casa da Cultura de Fene ás 7:00 pm tivo lugar un festival de presentación das actividades relacionadas coas curtametraxes realizadas no marco do proxecto ACTION!. Este festival coincidiu coa a visita de un grupo de estudantes e docentes polacos que compartiron coa nosa coumidade educativa  experiencias cinematográficas e de lecer durante esta semana. 

                   

Concurso Eduemprende IDEA 2017

Convócase o concurso eduemprende Idea

Requisitos:

Alumnado matriculado no curso 2016/17 en Formación Profesional

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

 

Premios:

Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Asesoramento técnico do IGAPE.

 

Dotación económica:

1º premio: 3.000 euros

2º premio: 2.000 euros

3º premio: 1.000 euros

 

Que hay que facer?

Hai que presentar os proxectos, resumo executivo e elevator pitch para a súa participación.

 

Contacto:

Para calquera dúbida diríxete a Fátima Barreiro (titora do viveiro do IES de Fene)

Excursión a Mondoñedo

O martes, 4 de abril, o alumnado de bacharelato matriculado en materias impartidas polo Departamento de Ciencias Naturais tivo a oportunidade de coñecer a Cova do Rei Cintolo. Abel Vigo, o arqueólogo do concello, fixo da actividade unha clase práctica de educación física, ciencias naturais e historia. 

A xornada continuou cun pícnic na alameda dos Remedios e cun tranquilo paseo polas rúas e prazas de Mondoñedo. Antes de regresar, houbo tempo para unha parada no Cemiterio Vello e visitar as sepulturas de tres ilustres mindonienses: Pascual Veiga, Manuel Leiras Pulpeiro e Álvaro Cunqueiro. 

A Cova do Rei Cintolo Catedral de Mondoñedo Cemiterio vello

Mateo González, D.E.P.

Hoxe é un día triste para todos nós. O noso amigo, o actor galego Mateo Gonzalez faleceu e sentímonos desolados. Mateo era un home de gran talento e paixón pola súa profesión, e nós fomos moi afortunados por ter a oportunidade de traballar con el. Foi un placer telo dirixindo aos nosos actores e actrices de Action! e esta experiencia sempre permanecerá nas nosas mentes.Grazas Mateo pola túa profesionalidade, o teu entusiasmo e o teu compromiso. Nunca te esqueceremos. 

Simulacro de incendio no IES

O pasado venres 17 de marzo tivo lugar un simulacro de incendio no IES no que participou Protección Civil, o concello de Fene e unha unidade de bombeiros. Todas as persoas presentes no centro desalozaron as distintas dependencias  para reunirse na zona de parking do edificio de ESO  - Bac. A partir dos fallos detectados nesta experiencia faranse novas postas a punto para mellorar o plan de evacuación

     

 

 

Unidade Cinolóxica do Tercio Norte no IES de Fene

O pasado venres 17 de marzo tivo lugar no IES de Fene unha exhibición por parte da Unidade Cinolóxica do Tercio Norte de Ferrol na que participaron cans especializados na detección de drogas, explosivos e na seguridade. A esta actividade aistiron todos os estudantes do centro así como profesorado que disfrutaron coa exhibición

Ver Galería de fotos

(Se non ves o vídeo, preme aquí)

Participación na First Lego League

Este sábado o equipo do IES de Fene de robótica AnonymousBot participará no concurso First Lego League no Auditorio de Ferrol. O concurso consiste nun torneo de robótica e nun proxecto científico, o deste ano tratará sobre o problema da extinción de varias especies de aves urbanas. Este proxecto está a ser difundido en diferentes medios coa intención de concienciar á xente deste problema.

LIGAZÓNS: 

Web da FIRST LEGO League Galicia

Ferrol360

Diario de Ferrol

La Voz de Galicia

Radiofusión

 

Distribuir contido