Sorteo público para designación de membros da Xunta Electoral

O vindeiro venres, 29 de outubro, ás 10:10 h, celebrarase no salón de actos do centro o sorteo público para a designación dos integrantes da Xunta Electoral, que será a encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar do IES de Fene.

As eleccións celebraranse a finais do mes de novembro. Aqueles membos da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura voluntaria para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamamente se farán públicas pola Xunta Electoral do centro.

Lembramos que o CONSELLO ESCOLAR, ten como función a representación de todos os sectores que forman parte da comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado, ANPA e concello, polo que é moi importante que sexa activo, dinámico e comprometido.

Animámosvos a participar e a colaborar na súa constitución. Contamos con vós.

Atentamente,

Barallobre, 27 de outubro de 2021

O director



Xoán M. Vázquez Vázquez