Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Actualización do Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 e protocolo de prevención da transmisión da Covid-19 nas actividades extraescolares nos centros de ensino non universitario

Xov, 05/11/2020 - 13:22

Xúntase a Resolución conxunta, do 4 de novembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021” e pola que se aproba o Protocolo de actividades extraescolares en centros educativos non universitarios.