Graduación 2º de Bacharelato 2019-2021

O pasado venres 21 de maio tivo lugar no centro o acto de Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Foi un acto moi especial e moi desexado, a súa organización estivo marcada polas polas normas Covid vixentes durante todo o curso, normas que lamentablemente excluían a presenza das familias pero que por outra banda fixeron do evento unha reunión máis segura. Pero estes novos tempos traen tamén novas solucións e as famlias puideron seguir o acto desde as súas casas xa que foi retransmitido en directo.

No acto estivo tamén presente o alcalde de Fene Juventino Trigo e a concelleira de Xuventude, Deporte e Ensino Angeles Coira. O profesor Jose Mouriz leu un emotivo discurso, que xuntamos a continuación

 Discurso de Jose Mouriz

Moita sorte e moitos éxitos na súa nova andadura ós/ás estudantes protagonistas desta graduación