Proxecto de innovación: A Realidade Aumentada aplicada na Tecnoloxía Hidráulica

O proxecto “A Realidade Aumentada aplicada na Tecnoloxía Hidráulica” resultou premiado na Resolución do 9 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional.

O presente proxecto xurde da idea de aplicar as novas tecnoloxías na práctica diaria da aula, preténdese que os profesores empreguen novos recursos que capten a atención do alumnado e adaptarnos os novos cambios nas competencias e perfís profesionais que se precisan, resultado das novas tecnoloxías. Con este proxecto preténdese traballar as competencias relacionadas ca Industria 4.0, concretamente ca tecnoloxía Hidráulica.

 

A tecnoxía Hidráulica está a experimentar unha constante evolución, actualmente está inmersa na transición cara o que se coñece como Industria 4.0, onde os sistemas hidráulicos son controlados a través de software que integran numerosas funcións de control e lóxica de movementos que anteriormente eran controladas hidromecánicamente. Nesta búsqueda atopamos na realidade aumentada o vehículo para achegarnos o noso alumnado, por un lado estamos a axilizar o volume de información relacionada ca automatización hidráulica e por outro empregamos a tecnoloxía móbil accesible a tódolos usuarios.

A realidade aumentada proporciona información engadida a un espazo real e aplícase en operacións de mantemento mediante a visualización das instalacións con información engadida sobre o seu estado. Do mesmo xeito a reparación de avarías con manuais de apoio dixitais diminúe o tempo de espera co conseguinte aforro de tempo e recursos.

Na seguinte ligazón www.departamentomantementoiesdefene.com atópase toda a documentación xerada no proxecto.

 

 

AdxuntoTamaño
foto alumnos.jpg28.81 KB
foto profesores que participaron no PI.jpg51.33 KB
Código QR.png5.3 KB