portada30

Secretaría

Prazo de matrícula curso 22_232

PRAZO PRESENTAClÓN MATRÍCULA 

O prazo oficial de matrícula  ordinario é do 25 de Xuño ao 10 de Xullo, pero para facilitar o proceso recoméndase que se respeten as datas propostas.

CURSO

DÍA

1º BAC

27,28,29 XUÑO

1º ESO

30 XUÑO e 1  XULLO

2º BAC

4  e 5 XULLO

2º ESO

5 e 6 XULLO

3º ESO

6 e 7 XULLO

4º ESO

7 e 8 XULLO

O sobre de matrícula que o alumnado debe usar estará na conserxería do centro a  partir do 22 de xuño

Axudas para adquisición de material escolar para o vindeiro curso 2022_2023

Orde do 29 de abril na que se convocan axudas para adquirir material escolar

Tal como se recolle na orde o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2022/23 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Listaxe Provisional Admisión alumnado curso 22/23

Dende o día de hoxe, pódese consultar presencialmente a listaxe PROVISIONAL do alumnado admitido para o vindeiro curso académico 2022/2023 no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar.

De forma non presencial, pódese consultar a través de aplicación admisión alumnado, empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Naciona de Moeda e Timbre.

Cumprindo as normas vixentes en materia de protección de datos persoais, NON se poderá consultar por ningún outro medio físico ou electrónico, nin se poderá dar información telefónica, nin sacar fotos a dito listado.

A dirección,

 

Información Admisión alumnado curso 2022-2023

Listaxe de alumnado de centros adscritos admitido para o curso 22_23 en 1º ESO

Dende o día de hoxe, pódese consultar presencialmente a listaxe provisional de alumnado admitido en 1º ESO (todas as solicitudes foron admitidas) para o vindeiro curso académico 2022/2023 no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar. Este listaxe corresponde ao alumnado que procede de centros adscritos.

 

De forma non presencial, pódese consultar a través de aplicación admisión alumnado, empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Naciona de Moeda e Timbre.

 

Cumprindo as normas vixentes en materia de protección de datos persoais, NON se poderá consultar por ningún outro medio físico ou electrónico, nin se poderá dar información telefónica.

Instruccións distribución de máscaras

Según a  Orde do 28 de outubro de 2021  pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado da ESO en centros docentes públicos no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

ALUMNADO DESTINATARIO:

  • O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 , NON TEN que presentar solicitude

 

  • O alumnado non beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Debe presentar unha solicitude

 

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

solicitude  pode descargarse no enlace  e deberá presentarse de forma presencial na secretaría do centro

PRAZO

 Do 15 ao 26 de novembro.

 

Alumnado da ESO avaliado en setembro

Recordaselle ao alumnado avaliado na convocatoria de setembro,  a obriga de pasar polo centro para recoller o Consello Orientador, tal como establece a lexislación vixente.

O lugar de recollida na conxersería do centro.

Calendario matrícula e fondo de libros setembro 2021

Na seguinte imaxe poderá consultar a información relativa a matrícula de setembro e o procedimento para a entrega do Fondo de Libros

Axudas adquisición material escolar

Dende o día de hoxe, pódese consultar presencialmente a listaxe provisional das axudas para a adquisición de material escolar para o vindeiro curso académico 2021/2022 no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar.

Os/as nais/país das alumnas/os que teñan dereito a dita axuda, poden pasar pola oficina do centro para recoller o vale. De forma non presencial, pódese consultar a través de aplicación admisión alumnado, empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Naciona de Moeda e Timbre.

Cumprindo as normas vixentes en materia de protección de datos persoais, NON se poderá consultar por ningún outro medio físico ou electrónico, nin se poderá dar información telefónica.

A dirección,

Información sobre o Fondo de Libros curso 21_22 e axudas para material escolar

Informamos as familias que o vindeiro curso 21_22,  o centro terá o proxecto E-DIXGAL implantado  en todos os cursos da ESO, e tal como se recolle na ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 , publicada no DOG do 20 de maio do 2021:

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Poden consultar esta orde no seguinte enlace:

DOG 20 de maio do 2021

Para solicitar as axudas para adquirir material escolar para o vindeiro curso académico 2021-2022. No enlace do DOG do 20 de maio do 2021

Prazo de presentación: Do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021

Tramitación:

· Presentación electrónica a través da aplicación fondolibros

· Presentación presencial utilizando o anexo  II da Orde da convocatoria (páxinas 30 a 33 deste PDF)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer