portada30

Información sobre o Fondo de Libros curso 21_22 e axudas para material escolar

Informamos as familias que o vindeiro curso 21_22,  o centro terá o proxecto E-DIXGAL implantado  en todos os cursos da ESO, e tal como se recolle na ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 , publicada no DOG do 20 de maio do 2021:

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Poden consultar esta orde no seguinte enlace:

DOG 20 de maio do 2021

Para solicitar as axudas para adquirir material escolar para o vindeiro curso académico 2021-2022. No enlace do DOG do 20 de maio do 2021

Prazo de presentación: Do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021

Tramitación:

· Presentación electrónica a través da aplicación fondolibros

· Presentación presencial utilizando o anexo  II da Orde da convocatoria (páxinas 30 a 33 deste PDF)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer