portada30

Secretaría

Prazo de matrícula

Para ver o documento premer aquí

O prazo ordinario de matrícula comeza o mércores 1 de xullo e remata o venres 10 do mesmo mes.

O prazo extraordinario de matrícula vai do martes 1 de setembro ao xoves 10 de setembro.

 

Libros de texto curso 2020_21

 No seguinte enlace poderá consultar o listado de libros de texto para o vindeiro curso 20_21

Listaxe de admitidos para o curso 2020-21

Poden consultar a listaxe de alumnado admitido para o vindeiro curso 2020-21 na taboeiro de anuncios colocado ao lado da entrada principal do IES de Sar.

A información figura tamén na web https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  e está dispoñible para aqueles solicitantes que teñan a chave 365.

As listaxes son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES.

FONDO LIBROS

 

Aberto o prazo para solicitar as axudas do fondo libros. Para acceder á aplicación, prema aquí

O prazo remata o 19 de xuño.

Poden ler as instrucións do fondo libros premendo aquí.

Prema no enlace para acceder á información sobre o fondo libros proporcionada por ANPAS Galegas.

Poden consultar calquera dúbida en relación ao procemento de solicitude chamando ao teléfono do centro (881867162).

O horario de atención ao público da administrativa do centro durante a presente semana é de 10:00 a 13:00 horas.

 

 

 

 

O LUNS 11 DE MAIO REANÚDASE A PREINSCRIPCIÓN PARA O CURSO 2020-21

 

O prazo para a presentación das solicitudes de admisión será do 11 ao 18 de maio, ámbolos dous días incluídos.

As familias dispoñen ata o martes 26 de maio para presentar a documentación xustificativa dos criterios de escala.

As listas provisionais de estudantes admitidos e excluídos publicaranse antes do 9 de xuño e as definitivas antes do 26 de xuño.

 Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

A publicación farase no taboeiro do centro. A web  admisionalumnado tamén permite acceder aos datos de admisión. Se ben unicamente as familias titulares dunha Chave 365 ou dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre poderán acceder ao listado completo, aquelas familias que non dispoñen deles poden acceder igualmente ao estado da súa solicitude.

 

O prazo para a formalización da matrícula será do 1 ao 10 de xullo e o extraordinario, para Secundaria e Bacharelato, do 1 ao 10 de setembro.

 

HORARIO DE APERTURA DE SECRETARÍA DO 11 AO 26 DE MAIO

Durante o periodo de presentación de solicitudes de admisión e de documentación xustificativa, o horario de atención ao público vai ser de 10:00 a 13:30 horas de luns a venres. Se a algunha persoa lle resulta imposible estar no centro dentro desa franxa horaria, prégase que escriba a ies.sar@edu.xunta.gal para concertar unha cita.

 

ALUMNADO MATRICULADO NO PRESENTE CURSO NO IES DE SAR

O alumnado que xa está matriculado no centro non ten que facer a prescripción para o vindeiro curso. Cando se abra o prazo de matrícula, que habitualmente comeza a última semana do mes de xuño, pode facelo. En canto a Consellería de Educación nos indique a data de inicio e os prazos, comunicámolo a través desta web.

Tamén comunicaremos a través da web, en canto recibamos as instrucións da Xunta, a información do fondo libros, que permite solicitar libros e cheques para que o alumnado de ESO poida adquirir material escolar.

Agradecemos que nos fagan chegar as consultas, así como peticións e propostas, ao correo electrónico do centro ou ao teléfono.

 

PREINSCRIPCIÓN PARA OBTER PRAZA NO CURSO ACADÉMICO 2020-21 - Información sobre o procedemento

 

   Enlace á aplicación:  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

   

    Prema no enlace para ler as Instrucións da Dirección Xeral de Centros

    Para descargar o impreso de solicitude en galego, prema aquí.

    Para descargar o impreso de solicitude en castelán, prema aquí.

    Pode consultar o resumo das instrucións no enlace.

    Consulte a listaxe de prazas vacantes aquí

 

     

   

Aviso para ex-alumnado do IES de Sar

 Lémbrase a todas as persoas que remataron o bacharelato no IES de Sar no curso 2016-17 ou en anos anteriores que, se aínda non recolleron o título, este está á súa disposición na secretaría do centro.

O horario de atención ao público de Secretaría é de 9:30 a 13:30.

FONDO LIBROS - LISTAXES

Prema no enlace para consultar a lixtaxe de axudas para a adquisición de libros de texto e de material escolar.

Prema no enlace para consultar a listaxe de libros concedidos a cada alumn@.

Fondo libros para alumnado procedente de otras comunidades autónomas o del extranjero

El alumnado procedente de otras comunidades autónomas o del extranjero dispone de un mes, contado a partir de la fecha de matrícula, para solicitar el fondo libros.

Aplicación fondo libros:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Recollida do cheque do fondo libros

 

 

  Comunícase aos pais e titores do alumnado matriculado para o curso 2019-20 no IES de Sar que está

  á súa disposición o cheque do fondo libros.

 Poderase recoller en Secretaría ata o día 31 de xullo ou a partires do 1 de setembro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer