portada30

O LUNS 11 DE MAIO REANÚDASE A PREINSCRIPCIÓN PARA O CURSO 2020-21

 

O prazo para a presentación das solicitudes de admisión será do 11 ao 18 de maio, ámbolos dous días incluídos.

As familias dispoñen ata o martes 26 de maio para presentar a documentación xustificativa dos criterios de escala.

As listas provisionais de estudantes admitidos e excluídos publicaranse antes do 9 de xuño e as definitivas antes do 26 de xuño.

 Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

A publicación farase no taboeiro do centro. A web  admisionalumnado tamén permite acceder aos datos de admisión. Se ben unicamente as familias titulares dunha Chave 365 ou dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre poderán acceder ao listado completo, aquelas familias que non dispoñen deles poden acceder igualmente ao estado da súa solicitude.

 

O prazo para a formalización da matrícula será do 1 ao 10 de xullo e o extraordinario, para Secundaria e Bacharelato, do 1 ao 10 de setembro.

 

HORARIO DE APERTURA DE SECRETARÍA DO 11 AO 26 DE MAIO

Durante o periodo de presentación de solicitudes de admisión e de documentación xustificativa, o horario de atención ao público vai ser de 10:00 a 13:30 horas de luns a venres. Se a algunha persoa lle resulta imposible estar no centro dentro desa franxa horaria, prégase que escriba a ies.sar@edu.xunta.gal para concertar unha cita.

 

ALUMNADO MATRICULADO NO PRESENTE CURSO NO IES DE SAR

O alumnado que xa está matriculado no centro non ten que facer a prescripción para o vindeiro curso. Cando se abra o prazo de matrícula, que habitualmente comeza a última semana do mes de xuño, pode facelo. En canto a Consellería de Educación nos indique a data de inicio e os prazos, comunicámolo a través desta web.

Tamén comunicaremos a través da web, en canto recibamos as instrucións da Xunta, a información do fondo libros, que permite solicitar libros e cheques para que o alumnado de ESO poida adquirir material escolar.

Agradecemos que nos fagan chegar as consultas, así como peticións e propostas, ao correo electrónico do centro ou ao teléfono.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer