portada30

Un Proxecto de Investigación do Depto de Física e Química premiado polo IGFAE (USC)

O Proxecto de Investigación “Medindo a radiactividade do Radón no noso instituto”, presentado polo Departamento de Física e Química do IES de SAR, foi seleccionado no II Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) para ser levado a cabo no presente Curso 2019/2020

 

FINANSAR pasa á segunda fase do concurso Generación Euro

  Equipo Finansar O equipo Finansar, formado polos alumnos de 1º bacharelato:

  Lucía Casal Muñiz (portavoz)

  Iolanda Freire Lois

  Diego Martínez Otero

  Carla Pérez Álvarez

  María Picos Martínez

logrou o paso á segunda fase do concurso Generación euro, tras contestar correctamente as 30 preguntas de que constaba o test sobre o Banco Central Europeo e a política monetaria.

 Parabéns!

Na edición deste curso participaron  3975 estudantes. Pasaron á 2ª fase equipos de 52 centros educativos.

                                                                                                                              

STORY TELLING

O vindeiro martes 19 de novembro, no Salón de Actos, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO, asistirá a un contacontos a cargo de Charo Pita e Patricia McGill. Esta actividade empeza ás 16:50 e remata ás 17:40

Visita o CITIUS-USC

                       

 O vindeiro venres  22 de novembro de 09:30 a 12:30 o alumnado de TIC de Bacharelato (1º e 2º)  visitará as instalacions do CITIUS

Miguel Ramos Pernas, físico da USC, na Semana da Ciencia.

Miguel Ramos Pernas, Físico de partículas da USC, conversou co alumnado de 3º e 4º ESO, e de Bacharelato (ciencias) do noso instituto nunha actividade que forma parte das accións que se levan a cabo no noso centro por mor da celebración da Semana da Ciencia.  Na súa charla, Miguel Ramos compartiu co alumnado a súa experiencia como investigador no CERN (Xenebra), que é un dos máis importantes centros de Física no mundo, describindo a súas instalacións, experimentos e contribucións á ciencia, pero tamén á sociedade en xeral.

X DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: "Achegándonos ao CERN".

 Charla impartida por

 MIGUEL RAMOS PERNAS

INSTITUTO GALEGO DE FÍSICA DE ALTAS ENERXÍAS (USC) 

DÍA: Venres, 8 de Novembro 2019

Hora: 12:45 - 13:40

Alumnado de Ciencias: 3º e 4º ESO ,, 1º e 2º BAC

 

 

Gañadoras do Concurso de Cabazas

As dúas gañadoras do concurso de cabazas son: Aura Edreiras Morales e Aroha Fritz Franco, alumnas de 1º ESO A.  Parabéns e moitas grazas por participar

Obradoiro de percusión con obxetos de refugallo

O vindeiro mércores 13 de novembro o alumnado de música de 2º ESO, 3º ESO  e 1º  Bacharelato B, C e E, participarán nun obrdadoiro de percusión co obxetos de refugallo. Dito obradoiro realizaráse no Salón de Actos. 

Samaín 2019

Para ver as fotos pulsar sobre a imaxe

Samaín19

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer