portada30

Información sobre a folga do 12 de decembro.

Estimados nais/pais/titores legais 

 

Comunicámoslles que mañá día 12 de decembro está convocada por todos os sindicatos unha folga do profesorado no ensino público.

Segundo a Orde do 28 de novembro de 2019 publicada no  DOGA do 4 de decembro, os centros estarán dotados de servizos mínimos (equipo directivo) e polo tanto a asistencia a clase será normal. 

Ao longo da mañá pode ser que non haxa algunha sesión lectiva, pero o alumnado estará, en todo momento,  atendido polos servizos mínimos

 

O servizo de transporte funcionará con normalidade.

 

STORY TELLING

O vindeiro martes 17 de decembro, no Salón de Actos, o alumnado de 4º da ESO e 1º Bach , asistirán a un contacontos a cargo de Charo Pita e Patricia McGill. Esta actividade  realizaráse co seguinte horario:

  • 1º Bach A, B e E de  16:50 e remata ás 17:40
  • 4º ESO e 1º Bach C e D de  16:50 e remata ás 17:40

VÉRTICE de VERSOS

O vindeiro martes 17 de decembro de 10:30 horas a  12:30 horas no Salón de Actos do instituto o alumnado de 2º de Bacharelato participará nun acto Poético- Musical centrado na actual poesía galega "Vértice  de versos".

 

Visita ó Portico da Gloria

O vindeiro mércores 11 de decembro o alumnado de música  de 2º Bacharelato e 4º ESO visitará o Portico da Gloria na Catedral de Santiago. Sairán as e voltarán ás 11:40 e voltarán as 14:30 horas.

Exposición "Científicos Galegos 2008-2019" (RAGC)

Os carteis da exposición "Científicos Galegos 2008-2019", cedidos pola REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS (RAGC), expóñense no noso centro ata o vindeiro luns 9 de decembro.

Desde Benito Jerónimo Feijóo a Tomás Batuecas, pasando por Angeles Alvariño, Antonio Casares o Ramón María Aller.

 

 

 

Trátase dos carteis adicados á vida dos galegos e galegas que desde 2008 ata 2019 foron homenaxeados no Día da Ciencia en Galicia pola RAGC. Unha fermosa maneira de nos achegar a eses homes e mulleres que traballaron pola Ciencia desde Galicia.

O alumnado do noso instituto terá ocasión derealizar pequenas actividades a partir da información proporcionada polos trece carteis expostos en diferentes zonas do centro.

Charla-taller "Premio Álbum Ilustrado"

Hoxe mércores 27 de novembro. o alumnado de 1º e 2º de Artes, asistirán a unha charla-taller que  será impartida no Salón de Actos por Mariann Máray gañadora do XII Premio de älbum Ilustrado. Comenzará ás 10:50 e rematará as 12:30.

Neste acto tamén asistirón:

            • Dona Noa Díaz, Concelleira de Educación de Santiago.
            • Dona Bea Varela
            • Dona Manuela Rodríguez,  Don Xosé Pérez e Dona  Paz Castro da editorial Kalandraka

 

"A investigación en Química: Ciencia creativa para un mundo mellor"

O alumnado de Ciencias, 1º Bacharelato D e 2º Bacharelato C visitarán o CIQUS-USC o vindeiro 26 de novembro de 2019 en horario de 15.30-19:30  para asistir a actividade "A investigación en Química: Ciencia creativa para un mundo"

 

 

 

AVISO: esta actividade suspendese pola ALERTA meteorolóxica

 

25-N Día contra a Violencia de Xénero

Nas seguintes imaxes temos o manifesto do alumnado de Literatura Universal para o Día Contra A Violenciá de Xénero. Para ampliar ás imaxes premer sobre elas

25-N Día contra a Violencia de Xénero

Hoxe 25 de novembro ás 12:00 horas, tívo lugar no ximnasio do centro unha concentración de todo o alumnado con galo do "DIA Contra a Violencia de Xénero". Neste acto leuse un manifesto elaborado polo alumnado de Literatura Universal e tamén actuarón dúas alumnas que nos cantarón dúas pezas musicais.

 

PATINAXE

O vindeiro xoves 28 de novembro o alumnado da ESO  acudirá a Pista de Xeo que está en Área Central. O desprazamento será a pé acompañado polo profesorado. Sairán as 10:30 horas e voltarán 13:15 horas aproximadamente.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer