![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios e profesores______________________________[Despregable]
2.º Bacharelato |
|||||||
Profesores/as | Programación | ||||||
Titora- A |
Inglés | ||||||
Historia de España | |||||||
Lingua castelá | |||||||
Micaela Rei | Lingua Galega | ||||||
Julio Otero |
Economía de empresa | ||||||
Tecnoloxía Industrial II |
Julio Otero | Fundamentos de administración e xestión |
Begoña Gómez | Métodos estatísticos e numéricos |
Olga Recio |
Francés |
Ofelia Lubián | Psicoloxía |
Olga Cabalar | Linguaxe e práctica musical |
Obradoiro de teatro | |
José Barcia | TIC II |
Manuel Vales | Relixión católica |
2ºBAC
Recoñecemento aos mellores expedientes das ABAU
Enviado por admin o Xov, 24/06/2021 - 20:47
Parabéns ás alumnas Sofía Cao e Sara Rodríguez recoñecidas hoxe no acto de homenaxe aos mellores expedientes das ABAU.
Minuto 56:33
Graduación de 2.º Bacharelato
Enviado por admin o Sáb, 22/05/2021 - 19:54Este venres, 21 de maio, celebramos a despedida de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2019-2021. O propio alumnado organizou o acto cos tradicionais discursos e visionado das imaxes do seu paso polo centro. Entre outras contou coa intervención dos profesores titores Telmo de Paz e Miguel Gil. Salientamos a mención da matrícula de honra á alumna Sara Rodríguez Vilaboa.
Foi sen dúbida un ano duro. Co esforzo e mais a fortaleza da súa mocidade, o apoio das familias e do profesorado, esta promoción puido sacar o curso adiante.
Moita sorte, bachareis. Parabéns!!!
Aledaled, ánimo 2.º bacharelato!
Enviado por ORIENTACIÓN o Xov, 06/05/2021 - 18:09Unha representación do alumnado de 2°ESO pasou polo salón de actos para darlles folgos e facerlles entrega dun ALEDALED personalizado para que o tiveran na súa mesa de estudo, e mantiveran a ilusión e o esforzo ata o final.
Que non sabedes o que é un ALEDALED? Pois é unha tarxetiña cunha imaxe máis unha mensaxe de ánimo que contén no seu interior un circuíto que fai que se aluminen os leds que van incrustados na tarxeta.
Antes de realizar os AledaLeds na clase de Tecnoloxía e nas titorías, o alumnado de 2°ESO xurou por Snoopy ante os seus titores/as Diego e Sandra prometendo manter o segredo e non contar a sorpresa ata que rematasen a misión.
Hoxe, o alumnado de 2° Bacharelato agradeceu cun sonoro aplauso a ilusión e detalle que o alumnado de 2°ESO tivo con eles/as. Agardamos que esta pequena gran sorpresa lles faga máis levadeiro este final de curso ou etapa. Ánimo e forza, como xa vos dixemos hoxe sodes Xeniais e podedes con todo!!
2.º BAC: Charlas USC
Enviado por admin o Lun, 22/03/2021 - 18:20Búscanse humoristas
Enviado por admin o Xov, 04/02/2021 - 13:19Mención de Honra na Olimpíada Matemática
Enviado por admin o Lun, 25/01/2021 - 10:21Un ano máis, o departamento de matemáticas participou na Olimpíada Matemática Galega. Nesta ocasión asistiron as alumnas de 1.º bacharelato Isabel T., Emma V.
e de 2.º, Carla A. e Juan P. Os docentes foron Alberto L. e María C., acompañados na fotografía pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.
Parabéns a todos e todas as participantes e en especial pola Mención de Honra para Juan Pena.
Participación na Olimpíada Matemática Galega
Enviado por admin o Mér, 20/01/2021 - 22:22
Olimpíada Matemática Galega 2021
(a Fase Galega da LVII Olimpiada Matemática Española).
Conferencia de Vicente Garrido
Enviado por admin o Mér, 20/01/2021 - 21:59O alumnado de bacharelato conectou esta mañá co psicólogo e criminalista Vicente Garrrido.
1.º e 2.º BAC: Charla con Vicente Garrido
Enviado por admin o Mar, 19/01/2021 - 19:49Charla con Vicente Garrido
CURSOS: 1.º e 2.º Bacharelato
HORA: 10:45 horas
11 DE XANEIRO: Regreso ás aulas
Enviado por admin o Mar, 29/12/2020 - 13:328 DE XANEIRO: festivo de centro (dÍa non lectivo)
Enviado por admin o Dom, 27/12/2020 - 14:26Obradoiro regulación emocional (2.º Bac. B)
Enviado por admin o Lun, 14/12/2020 - 22:16En ruta. Mapas para a busca do equilibrio emocional
2.º Bacharelato - B
17 de decembro: 10:45 - 13:35
Aula de Tecnoloxía
Obradoiro regulación emocional (2.º Bac. A)
Enviado por admin o Lun, 14/12/2020 - 22:13En ruta. Mapas para a busca do equilibrio emocional
2.º Bacharelato - A
16 de decembro: 10:45 - 13:35
Aula de Tecnoloxía
Graduación 2.º bacharelato, promoción 2018-2020
Enviado por admin o Mér, 10/06/2020 - 12:37
As circunstacias especiais deste curso obrigaron a converter o trámite de entrega de notas nun simple acto de despedida dos novos titulados de bacharelato. Parabéns aos flamantes bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Tamén houbo un recoñecemento ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar, representados nos últimos titores Ofelia Lubián e Telmo de Paz. O noso agradecemento, igualmente, para todas as familias que nos confiaron unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
Salientamos a mención das dúas matrículas de honra a María Manuela Pérez Coira e Iria Fernández Fornos nas modalidades de bacharelato de humanidades e ciencias sociais, respectivamente.
Para a lembranza futura deste ano: ánimo e saúde!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
