FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ESO
Seguimento da folga (24 de novembro)
Enviado por admin o Xov, 24/11/2016 - 20:44A xornada de folga tivo un seguimento no día de hoxe, 24 de novembro, do 100% do alumnado. |
Resumos das programacións didácticas (ESO)
Enviado por admin o Dom, 20/11/2016 - 20:04XIX CAMPIONATO DE POLINOMIOS. POLÍN XA NON ESTÁ SÓ!
Enviado por Covadonga o Sáb, 12/11/2016 - 23:19125 participantes!!! O campionato xigante segue a súa marcha. Xa se completou a primeira volta e estamos na repesca. Os recreos teñen moito ambiente e hai traballo dabondo para organizar todo, menos mal que chegaron os reforzos solicitados: xa está aquí Polina!
Polina e Polín, iguais pero distintos como ten que ser!
Obradoiro de fotografía social
Enviado por admin o Xov, 10/11/2016 - 23:23O alumnado de 3º ESO asistiu esta mañá ao obradoiro de fotografía social impartido por Federico Carnoto. Abordáronse asuntos relacionados co fotoxornalismo e a fotografía documental. Por exemplo, o respecto polas persoas fotografadas e o visionado de traballos deste autor en Nicaragual e e na ruta dos refuxiados sirios. Ao longo da actividade quedou claro que a fotografía e a imaxe pode ser unha potente ferramenta do cambio social.
O obradoiro está patrocinado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través da acción do Concello de Mugardos.
Felipe Carnotto: web
Comezo dos Recreos Saudables
Enviado por admin o Xov, 20/10/2016 - 21:46Esta semana comezaron dúas actividades importantes para dinamizar os recreos. Por unha banda, o Plan Deportivo de Centro cos torneos deportivos que arrincaron co Fútbol Sala. E por outra, o programa Recreos Saudables. Trátase dunha iniciativa patrocinada pola ANPA O Castro e o Concello de Mugardos que ofrece aos usuarios da cafetaría escolar unha alimentación controlada. Por exemplo, dá visibilidade ao consumo de froita e productos lácteos. Comezamos cuns dez alumnos/as apuntados e esperamos aumentar o número de familias interesadas nas próximas semanas.
|
Reunión das familas cos profesores titores (18 de outubro)
Enviado por admin o Ven, 14/10/2016 - 19:17Reunión coas familias de alumnado 4.º ESO: Martes, 7 de xuño
Enviado por admin o Dom, 05/06/2016 - 14:44Reunión coas familias de alumnado 3.º ESO: Martes, 31 de maio
Enviado por admin o Dom, 29/05/2016 - 20:57Iniciación ao remo no Club do Mar (2)
Enviado por admin o Mar, 26/04/2016 - 21:38
Esta semana tocoulle aos Agradecemos ao Club do Mar
|
||
Distribución de froita fresca
Enviado por admin o Mar, 19/04/2016 - 12:03
SEMANA DA FROITA 18-22 de abril
Luns: mandarinas Martes: mazás Mércores: plátanos Xoves: amorodos Venres: melón |
|
Iniciación ao remo no Club do Mar
Enviado por admin o Lun, 18/04/2016 - 20:33Grazas ao Club do Mar de Mugardos, todo o alumando de 3.º e 4.º ESO asistiu esta mañá a unha sesión de iniciación ao remo. O tempo axudou e foi unha experiencia moi gratificante tanto para os que xa practican este deporte coma para os que saíron por primeira vez ao mar.
Matemáticas na raia
Enviado por admin o Sáb, 16/04/2016 - 11:36A tarde do pasado 14 de abril, o grupo de 3.º ESO-A participou na actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas organizado por asociacións de profesores de matemáticas de Galicia e Portugal. A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.
Exhibición e práctica de tenis de mesa
Enviado por admin o Xov, 31/03/2016 - 23:09O alumnado de 1.º e 2.º ESO asisitiu esta mañá a unha práctica do tenis de mesa guiados por representantes do club San Xoán de Ferrol. Ao longo da actividade, que se desenvolveu no pavillón do Cristo, puideron coñecer as características deste deporte, realizar varios exercicios de adestramento e iniciar varias partidas cos compañeiros e compañeiras. A exhibición contou coa organización dos Concellos de Ares e Mugardos a través das súas Concellerías de Deportes.
14 de marzo (3/14): Día do número Pi
Enviado por admin o Sáb, 19/03/2016 - 14:34Para celebrarmos o Día do número Pi (en inglés 3/14), todos os grupos participaron na confección da cinta que a longo da rampla central do instututo recolle "só" as primeiras catrocentas cifras decimais de Pi...
Catrocentas cifras decimais do número pi na rampla central do instituto.
Actividade organizada pola Biblioteca e o departamento de Música.
Gaufres, crêpes et crème
Enviado por Olga Recio o Sáb, 19/03/2016 - 13:59Para despedir o trimestre, este xoves a clase de frances de 3.º ESO converteuse nunha improvisada cociña onde elaborar un doce almorzo coas receitas francesas de gaufres, crêpes et crème. Coñecendo as excelentes mans reposteiras da profesora Olga Recio e dos seus afervoados axudantes, o produto final non defradou a ninguén.
Bon appétit et joyeux anniversaire, Olga.
Programa de radio "Escala na Escola" (14 de marzo, 2016)
Enviado por admin o Mar, 15/03/2016 - 00:49Gravación experimental da sesión dedicada á radio dentro do programa "Escala na Escola".
9:00 minutes (10.94 MB)
ESCALA NA ESCOLA. UNHA SESIÓN MOI ESPECIAL
Enviado por Covadonga o Mér, 09/03/2016 - 20:49A 5ª sesión do Programa de Excelencia “Escala na Escola” foi realmente espectacular. Estreamos en público a impresora 3D adquirida polo instituto. Para iso contamos coa plana maior da exitosa Escola de Deseño Industrial de Ferrol (EUDI), da Universidade de Coruña, formada por Álvaro Deibe Díaz, enxeñeiro industrial e secretario da EUDI, Pablo Fernández Galdo, deseñador industrial e xefe AEVF e José Ramón Méndez Salgueiro, director da EUDI. Impartiron a sesión: “Do deseño dixital á realidad tanxible con impresión e escaneado 3D”.
A aula de tecnoloxía do IES Mugardos encheuse co alumnado habitual do programa de excelencia e con outros alumnos e profesores do IES Mugardos que descubrimos asombrados o entusiasmo, a calidade e a alegría con que se traballa na EUDI. Vimos vídeos e imaxes do traballo do alumnado desta escola, dos premios que recibiron e da implicación da EUDI no mundo industrial, especialmente no sector do automóbil.
Ademáis aprendemos do presente e o futuro da impresión 3D e recibimos obsequios de chaveiros realizados en impresión 3D co nome IES Mugardos.
Finalmente asistimos á primeira impresión da nosa BQ PRUSA i3 HEPHESTOS, que ben podemos cambiarlle o nome polo de Eudía polo bonita e ben preparada que nos chegou.
Non temos palabras para agradecer todo o que nos aportaron José Manuel, Pablo, Álvaro e Ahitor pero esperamos que se sentiran a gusto no IES Mugardos e que se foran coa sensación de que aquí deixaron unha fonda pegada.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »