O luns 22 de abril o alumnado de 2º de ESO visitou as instalación da Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva. Esta estación decanta, filtra e esteriliza a auga procedente do embalse de Cecebre a través do río Mero. A auga, una vez tratada, e distribuída polos concellos da comarca da Coruña.
O pasado venres, 8 de marzo, tivo lugar na Facultade de Ciencias da Coruña a XLI edición da Olimpíada Galega de Química. Os/as gañadores/as desta fase local pasarán á fase nacional, que terá lugar en Murcia.
Lucía Cuervo, Iago González, Juan González, Mariña González, Paula Méndez, Iago Pérez e Kira Vila representaron ao noso instituto e demostraron os seus bos coñecementos na materia. Parabéns por participar e moita sorte nesta fase local.
O xoves 29 de febreiro tivo lugar a gran final do concurso sobre mulleres científicas. A proba desenvolveuse adaptando o famoso concurso “Quen quere ser millonario?”, de maneira que o alumnado finalista tivo demostrar os seus coñecementos superando unha serie de preguntas sobre mulleres científicas e as súas achegas. Houbo unha grande afluencia de público e os grupos asistentes animaron e apoiaron aos seus representantes con moito entusiasmo.
Noraboa a todas/os participantes do concurso, especialmente ás finalistasAlba Camba,de 1º ESO AePatricia Realde 1º ESO B e aos gañadoresHugo BooeJairo Cadaveirade 3º ESO C. Esperamos que gocen dos premios conseguidos!
O pasado xoves, 2 de febreiro de 2023, o alumnado de ciencias de 4º de ESO visitou a Facultade de Ciencias da UDC, no Campus da Zapateira. Alí fomos recibidos polo decano, D. Andrés Martínez Lage, que nos explicou a oferta académica e a organización da Facultade. A continuación puidemos participar en diferentes obradoiros de investigación nos laboratorios de Química e Bioloxía. Moitas grazas ao profesorado participante e ao alumnado de doutoramento por explicarnos e achegarnos ás súas investigacións.
O pasado martes 29 de novembro o alumnado de Química, Bioloxía e CTMA de 2º de Bacharelato visitou as instalacións dos laboratorios do SAI (Servizo de Apoio á Investigación) da UDC. Neste edificio concéntrase unha grande cantidade de equipamento científico de alto custo para poder dar servizo aos grupos de investigación, tanto da Universidade como de organismos privados. Na Unidade de Cromatografía, Gerardo explicounos o tratamento e a análise mediante cromatografía de gases-masas, de diferentes mostras para detectar contaminantes ou substancias tóxicas en alimentos. Verónica, da Unidade de Análise de Augas falou da importancia dos erros e da calibración e validación dos instrumentos de medida. Grazas ao microscopio electrónico, Eugenio mostrounos microorganismos e estruturas de insectos que non poderíamos ver con métodos ópticos convencionais e na Unidade de Bioloxía Molecular, Fernanda explicounos o funcionamento dun equipo de PCR e as súas aplicacións e diferentes campos. Moitas grazas a todo o persoal polo seu tempo e polas estupendas explicacións que ofreceron!
O pasado martes 25 de outubro o alumnado de ciencias de 1º de bacharelato visitou Santiago de Compostela para asistir á obra de teatro "Proyecto Meitner: recordando a Lise Meitner" na que se recupera a historia desta científica que foi inxustamente excluída do premio Nobel en 1944 polo descubrimento da fisión nuclear.
Despois desta emocionante obra na que aprendemos sobre ciencia e historia, visitamos o CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares), un dos centros punteiros en investigación de Galicia. Alí, fomos recibidos polo seu director científico, José Luis Mascareñas que nos explicou as principais liñas de investigación que se desenvolven alí. A continuación, fixemos unha breve visita aos laboratorios e ás unidades de espectroscopía onde puidemos ver os procesos básicos necesarios para o desenvolvemento de novas moléculas con aplicacións en Química, Medicina, e deseño de novos materiais.
Esta actividade foi subvencionada polo concello de Cambre.
Actividade organizada polo departamento de Física e Química para o seu alumnado de 1º BAC A:
Ás 8:30 h, saída do centro para asistir á representación da obra de teatro sobre a vida de Lise Meitner, organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, no Auditorio de Abanca (Santiago de Compostela).
Ao finalizar a obra, visitaremos un dos laboratorios do CiQUS, regresando ao centro sobre as 13:00 para, estar de volta ás 14:10.