Skip to Content

Os maios

O próximo xoves e venres, O IES David Buján vai celebrar a festividade dos maios. Durante eses días vaise elaborar o noso maio na entrada do centro. Todos podedes participar con grilandas de flores naturais. Podes pedir o material (corda, agulla, arame, ...) no departemento do EDLG

Ademais o EDLG  convoca un concurso para premiar as coplas que máis destaquen. Este ano, debido á pandemia, non se van cantar, pero todas e todos  podedes  deixar a vosa  copla no taboleiro do EDLG (deixaranse alí papeis adecuados).

Como mínimo cada paticipante debe construir dúas coplas, seguindo a tradición (2 estrofas de catro versos, de arte menor -de seis a oito versos- , rimando os pares). No reverso das coplas debe figurar o nome do autor ou autora, curso e aula. Só hai unha categoría e concederánse gorentosos premios de Aurora.

Aquí podes atopar exemplos e consellos para facer as túas coplas 

Aquí queda unha adaptación musical do poema de Curros "O maio", cuxos primeiros versos son unha copla popular  dos maios (chamada tamén maio)

Anímate e participa. Fai a túa copla e trae a túa grilanda

 



blog | by Dr. Radut