Skip to Content

Recollida dos libros de Fondo Libros (información ás familias)

A devolución dos libros de Fondo Libros realizarase o día 26 de xuño, canda a entrega de notas.

Farase de seguinte xeito:
• Cada alumnX ten que entregar todos os libros de Fondo Libros nunha bolsa que deixará enriba do seu pupitre.
• A bolsa ten que ter o nome dX alumnX escrito por fóra.
• X titorX comprobará, antes de entregar as notas, que están todos os libros e en bo estado.
• Se falta algún, non se entregarán as notas.
• Se non se entregan todos os libros ou están en mal estado, pérdese o dereito a Fondo Libros no curso 23/24. 

Mellores expedientes ABAU 2023

Dúas alumnas do noso centro, Natalia Gómez Orgeira e Elena Hortas Salas foron convocadas para participar no Acto de Recoñecemento aos Mellores Expedientes de Centros de Ensino Medio de Galicia, reservado para o alumnado que alcanza unha nota de acceso á universidade de 9 ou superior na parte xeral das ABAU.

O acto terá lugar o xoves, día 22 de xuño, ás 17:30 horas no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela.

Parabéns!

 

Wicked

Este mércores 31 tivo lugar na Ágora da Coruña a representación do musical Wicked por parte de alumnado do IES David Buján.

Este gran proxecto foi posible grazas ao magnífico traballo dos profesores do noso centro Ruth Pérez e Carlos Balado.

Tamén foi imprescindible a colaboración do CIFP Paseo das Pontes, da EASD Pablo Picasso, da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC, do alumnado de Debuxo Artístico do noso centro, dirixido pola profesora Silvia Fernández, e dos exalumnos que nos ofrecen o seu tempo libre de xeito altruista, encabezados por Elisa Pose.

Pero sobre todo isto foi posible grazas á paixón do alumnado participante.

Visita ó (S8) XIV Mostra Internacional de Cinema Periférico 2023

"A maxia do cine permítenos compartir un soño de maneira colectiva", dicía Ángel Rueda, codirector do (S8) Festival de Cinema Periférico, na conversa que mantivo cos nosos estudantes de primeiro de bacharelato esta mañá do 29 de maio na sala de proxeccións do museo Domus da Coruña.

A visita, organizada polo Departamento de Filosofía, permitiunos asistir ás xornadas de cine para centros públicos que se levan a cabo cada ano no marco do festival. Nela tivemos ocasión de visionar cinco curtametraxes internacionais de temática social, a través das cales nos achegamos á realidade doutros países e contextos, toda vez que coñeciamos novas linguaxes fílmicas. A proxección estivo seguida dun pequeno coloquio en que lles demos continuidade e profundidade ás reflexións sobre o papel e o sentido da arte iniciadas nas nosas clases de estética filosófica.

Visita a Pull&Bear 2023

Despois de tres anos sen ir, o alumnado de Economía de 4ºESO-B tivo hoxe (26/05/2023) a oportunidade de visitar as instalacións centrais de Pull&Bear en Narón.

Calendario exames 1º e 2º bacharelato

Os días 19, 20 e 21 de xuño terán lugar as probas finais da convocatoria extraordinaria.

Pódese ver o calendario no seguinte enlace

Premios Xoán Díaz 2023

O venres, 19 de maio, no transcurso dunha gala que se celebrou no IES David Buján, tivo lugar a entrega de premios do XXIX Certame Literario Xoán Díaz

Despois de dúas edicións en que este acto non se puido facer, a gala da entrega de premios do XXIX Certame Literario Xoán Díaz volveu á normalidade. O acto celebrouse o 19 de maio de 2023 no salón de actos do IES David Buján e contou coa presenza de varios membros da familia de Xoán.

O acto, presentado por dous alumnos do centro, foi inagurado por un discurso do director do IES David Buján, Ricardo Rodríguez Portela, que felicitou os gañadores e recordou a esencia deste consolidado certame literario. Tamén tomaron a palabra os outros membros da mesa: Belén Vidal, directora do IES Afonso X O Sabio, Mercedez Díaz, irmá de Xoán, Mónica Varela, concelleira de Cultura do Concello de Cambre e José Luis Villar, presidente do xurado, que leu a acta.

A gala, amenizada por un coro do IES David Buján e un grupo de pandeiretas e gaita da Escola de Música e Baile "As Mariñas", de Cambre, contou coa presenza dos premiados e premiadas, que leron un anaquiño da súa obra no momento de recoller o seu galardón. 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar para o curso 23/24

Publícase a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.

Prazos de solicitude

  • Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 22 de maio e remata o día 21 de xuño.
  • Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula. 
  • Alumnado que repita 4º de ESO: se non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario no prazo ordinario, tamén poderá presentala no prazo de un mes desde a formalización da matrícula.

Lugares de presentación

  • Vía electrónica. As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • No propio centro de ensino. Tamén poderán presentarse cubertos no centro de ensino no que estea admitido ou teña reserva de praza en horario de atención de administración (mañás de 09:00 a 13:30 horas).
  • Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Lémbrase que o alumnado de 1º e 2º da ESO non ten dereito ao fondo libros xa que ten EDIXGAL, mais si pode solicitar a axuda para material escolar. 

Ligazóns:

Surf en Barrañán

 

O 18 de maio de 2023, o alumnado de 2º ESO realizou un bautismo de surf na praia de Barrañán. A pesar de que as condicións do mar no eran as mellores, a experiencia resultou moi satisfactoria. Pasouse unha mañá ao aire libre, nun entorno magnífico, disfrutando dunha actividade deportiva moi divertida.

 

 

Musigal 23

Xa chegamos á rolda final do Musigal 2023. Estas son as 10 cancións que chegaron. Escóitaas e vota.  

Sortéanse puntos, bocatas  e unha camiseta (exposta na cortiza do EDLG) por participar.

Distribuir contido


by Dr. Radut