Skip to Content

Avisos

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa se pode solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto (préstamo de libros) e axudas para material escolar (vales de material) para o alumnado de ESO.

As solicitudes están dispoñibles en conserxería e, unha vez cubertas, debedes presentalas coa documentación necesaria na secretaría do centro. Tamén poderán presentarse por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:

Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020.

Atención telemática e desenvolvemento do terceiro trimestre.

Achegamos información para alumnado e familias sobre o terceiro trimestre do presente curso 2019-2020 no documento adxunto.

Entrega de notas da segunda avaliación

 

O IES A Sangriña organizou o sistema de entrega de notas desta Segunda Avaliación do seguinte xeito:

1. As notas de cada alumna ou alumno serán emitidas a través da plataforma Abalar e a través do envío dos boletíns individuais de notas ao correo electrónico do alumnado.

2. Os envíos dos boletíns aos correos electrónicos do alumnado será realizado polos correspondentes titores e titoras.

3. O proceso de envío dos boletíns terá que estar rematado antes das 12:00 h do venres 3 de abril. Pregámosvos estar pendentes das mensaxes recibidas no correo das vosas fillas e fillos  

4. Calquera consulta que estimedes oportuna facer só será respondida tras ser solicitada a través dun correo remitido á conta do IES: ies.sangrina@edu.xunta.es no cal debedes especificar: nome do alumno ou alumna, motivo da consulta e materia sobre a que queredes facer a consulta. O correo será enviado á atención do Director ou da Xefatura de Estudos.

Información sobre a segunda avaliación, as ABAU e a FCT.

Tras a Xunta de Directoras e Directores de Galicia coa Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional mantida o 25 de marzo en relación á segunda avalición en ESO, 1º Bacharelato e Ciclos, podedes consultar no adxunto o procedemento que o IES A Sangriña acaba de concretar para a consigna das cualificacións do alumnado respecto á devandita segunda avaliación. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut