Skip to Content

Avisos

ANPA

A ANPA do IES A Sangriña informa:

Cota familia socios e socias: 18€. O abono faise na conta bancaria da ANPA.

Entréganse dous libros de texto por alumno ou alumna. A entrega de libros realizarase os días 25, 26 e 27 de 18:00h a 20:00h na aula ANPA.

Fondo solidario de libros de texto

Xa tedes á vosa disposición as listaxes definitivas de alumnado admitido coa asignación correspondente a cada alumno ou alumna, así como o informe dos vales de material do alumnado que se examinou en setembro. Para calquera dúbida ou aclaración contactade coa Vicedirección do centro.

As listaxes podédelas atopar no taboleiro que está na estrada do instituto. A vindeira semana farase o reparto de libros de texto por cursos. O alumnado de ESO levará este venres unha nota para as familias na que aparecerán os días e as horas de recollida de libros.

Inicio de curso

O vindeiro luns 16 pola mañá convocarase o claustro de profesorado para a entrega de horarios persoais e demais cuestións organizativas, e o martes 17 de setembro comezarán as clases en horario normal, de 8:20 a 14:00 h. 

 

Probas libres para a obtención de títulos de Formación Profesional

Distribuir contido


by Dr. Radut