Skip to Content

Avisos

Atención ao alumnado por vía telemática

 
Lembrámosvos algunhas directrices para o traballo online co alumnado.

Profesorado non titor:

É importante facilitar tarefas  ao alumnado de xeito escalonado e sostido, e, na medida do posible, monitorizar a súa realización. Para levar a cabo este traballo, podedes optar por un destes sistemas:

  • Enviar as tarefas ao profesorado titor xunto cun correo ao que o seu alumnado poida enviar dúbidas ou respostas.
  • Organizar o traballo dirixíndovos directamente ao alumnado se xa tedes previsto un medio de intercambio de materiais co grupo (correo, aula virtual…). Neste caso, é importante comunicar tamén ao titor ou titora que medio estades a seguir e que estades a traballar co alumnado, de xeito que poida levar un rexistro e ter información para aclarar as posibles dúbidas que formulen o alumnado ou as familias.

Será función do profesorado titor:

Suspensión das actividades lectivas

16/03/2020 08:00
Europe/Madrid

Quedan suspendidas as actividades lectivas presenciais a partir do luns 16 de marzo, durante dúas semanas, para todo o noso alumnado, debido ás medidas preventivas especiais ante a pandemia do coronavirus, comunicadas pola Presidencia da Xunta de Galicia.

Enlazamos as medidas comunicadas pola Consellería:

https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Novas instrucións da Consellería:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

 

 

Convocatoria de Claustro extraordinario urxente

13/03/2020 14:05
Europe/Madrid

Convócase a todo o profesorado do centro á sesión extraordinaria do Claustro, de carácter urxente, que terá lugar o venres 13 de marzo de 14:05 a 14:30 na sala do profesorado,para tratar o único punto da orde do día: información sobre as instrucións dadas pola CEUFP con motivo da suspensión das actividades lectivas a partir do 16 de marzo.

Reunión informativa sobre a viaxe a Almagro

09/03/2020 16:04
Europe/Madrid

Reunión informativa para nais e pais de 1º de Bacharelato sobre a próxima viaxe cultural a Almagro, este mércores 11 de marzo ás 20:00 h no salón de actos do instituto.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut