Skip to Content

Avisos

Suspéndense as actividades no exterior por fortes ventos

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico de nivel laranxa por refachos de vento superiores a 100 km/h que comeza o venres 19 de febreiro, polo cal a Comisión Escolar de Alertas determinou suspender as actividades no exterior nos centros educativos das zonas afectadas, entre as que se atopa a nosa vila.

Concurso polo Día da Ilustración

 

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. A protagonista deste ano é Lolita Díaz Baliño.

Así, o instituto organiza un concurso para celebrar e difundir a ilustración como unha actividade presente no mundo do libro e que acompaña e dá entidade a moitas obras, poñendo como tema sempre unha obra da literatura universal que sexa susceptible de ser debuxada. Nesta ocasión a obra escollida para realizar a ilustración é Frankestein ou o Prometeo moderno de Mary Shelley. A ilustración realizarase en formato horizontal ou vertical DIN A-4 (21 x 29,7cm) en papel, podendo empregar a técnica que se considere. Antes de poñervos mans á obra, consultade as bases no documento adxunto.

REPARTO DE MÁSCARAS PARA O PROFESORADO

A Xunta de Galicia vén de enviar unha partida de máscaras hixiénicas reutilizables ao IES A SANGRIÑA co obxectivo de cubrir as necesidades de todo o persoal do centro ata final de curso. O material, en paquetes de cinco unidades homologadas, de 25 lavados cada unha, será distribuído no inicio deste segundo trimestre. Polo tanto, desde hoxe mesmo o profesorado do centro pode recoller un paquete de máscaras da caixa que se habilitou para tal efecto na sala do profesorado. 

A Dirección. 

DÍAS LECTIVOS 21 E 22 DE DECEMBRO

LUNS, 21 DE DECEMBRO

BACHARELATO ADULTOS E ESA

  • Os/as titores/as entregarán os boletíns de notas ao longo da tarde (ao alumnado de Bach Ad.).
  • O martes, 22 de decembro non hai clase para este alumnado (Bach Ad. e ESA).

MARTES, 22 DE DECEMBRO

ESO, FPB e CICLOS

  • 8:20 – 11:05.- Clases.
  • 11:05 – 11:55.- Entrega de boletíns polos titores/as nas aulas de referencia.
  • 12:00.- REMATE DAS CLASES. Recollida do alumnado polo servicio de transporte ATSA.

BACHARELATO DIURNO

  • 15:00 - 15:15.- Entrega de boletíns polos titores/as nas aulas de referencia.
  • NON HAI CLASE A PARTIR DAS 15:15 HORAS.
Distribuir contido


by Dr. Radut