Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa se pode solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto (préstamo de libros) e axudas para material escolar (vales de material) para o alumnado de ESO.

As solicitudes están dispoñibles en conserxería e, unha vez cubertas, debedes presentalas coa documentación necesaria na secretaría do centro. Tamén poderán presentarse por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:

Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020.

O alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2020/21 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non presentase solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2020/21, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2019/20. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

Máis información nos arquivos adxuntos.

AdxuntoTamaño
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2020.pdf162.52 KB
INSTRUCIÓNS FONDOLIBROS, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2020-2021.pdf423 KB


story | by Dr. Radut