Presentación de candidaturas: Eleccións de membros do Consello Escolar Curso 2022-2023
No noso centro, segundo se recolle no Decreto 189/2010 polo que se establece o Regulamento Orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. do 19/11/2010) no artigo 16, procede renovar:
- sete (7) representantes do profesorado
- dous (2) representantes de pais/nais/titores
- catro (4) representantes do alumnado
O prazo de presentacións de candidaturas terá lugar do 11 ao 18 de novembro. Preme nesta ligazón para descargar o impreso.
Os censos electorais poden consultarse na secretaría do centro en horario de atención ao público, e o prazo de reclamacións ao censo será até o 17 de novembro cubrindo unha instancia xeral e presentándoo no mesmo rexistro do centro.