Eleccións de membros do Consello Escolar Curso 2022-2023

Ao abeiro da Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, o mércores 2 de novembro ás 13.30h na secretaría do centro realizouse o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. Véxase acta do sorteo na seguinte ligazón.

O día 7 de novembro quedou constituída a Xunta Electoral que velará polo correcto desenvolvemento do proceso de renovación do Consello Escolar. Consultar acta aquí.

No caso do noso centro, segundo se recolle no Decreto 189/2010 polo que se establece o Regulamento Orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. do 19/11/2010) no artigo 16, procede renovar:

(corrección de erros)

  • tres (3) representantes do profesorado
  • un (1) representante de pais/nais/titores
  • dous (2) representantes do alumnado

O calendario de actuacións é o seguinte:
- Do 10 de novembro: Convocatoria de eleccións nos diversos sectores educativos e publicación dos censos electorais.
- Do 10 ao 17 de novembro: Reclamacións ao censo.
- Do 11 ao 18 de novembro: Prazo de presentacións de candidaturas. Preme na ligazón para descargar o impreso.
- O 16 de novembro: Reunión de claustro informativo (normas de elección e fixar data do claustro extraordinario para as eleccións do sector do profesorado).
- O 21 de novembro: Segunda reunión da Xunta Electoral para a resolución de reclamacións ao censo , proclamación de candidaturas e apertura do prazo de reclamacións ás candidaturas, sorteo das mesas electorais pais/nais e PAS.
- Os días 22 e 23: Presentación de reclamacións á proclamación das candidaturas.
- O 24 de novembro: Terceira reunión da Xunta Electoral (de houber reclamacións).
- O 29 de novembro: Votacións.
- O 1 de decembro: Cuarta reunión da Xunta Electoral para a proclamación das candidaturas elixidas e envío das actas á Delegación.
- O 12 de decembro: Reunión para a constitución do novo consello escolar e posterior remisión do informe á Xefatura Territorial.

Proclamación de candidaturas:

- Polo sector do profesorado:

  • Luis Fernández Castro
  • Marta Gesto Quiñoy
  • Margarita Lendoiro Esmorís
  • Mª Goretti Rey Expósito

- Polo sector do alumnado:

  • José Damián Bailón Pérez-Milá
  • Mª del Mar Durán García
  • Lucas Freire Acha
  • Mª del Pilar Núñez Núñez
  • Manuel Rodríguez Martínez

- Polo sector de pais/nais/titores legais:

  • Francisco Doval Tobío

As votacións do sector do alumnado e do sector de pais/nais/titores legais terán lugar o martes 29 de novembro consonte ás seguintes franxas horarias:

- Sector do alumnado: De 11.00h a 12.00h; de 17.00h a 18.00h; e de 19:15h a 19:45h

- Sector dos pais/nais/titores legais: De 20.15h a 20.45h.

O voto será directo, secreto e non delegable. Cada persoa electora deberá acreditar a súa identidade mediante a presentación dun documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo.

 

Tras as votacións para o Consello Escolar realizadas esta semana e a reunión da Xunta Electoral celebrada o 1 de decembro, comunícanse as seguintes candidaturas electas:

- Polo sector do profesorado:

  • Luis Fernández Castro (4 cursos académicos)
  • Marta Gesto Quiñoy (4 cursos académicos)
  • Margarita Lendoiro Esmorís (4 cursos académicos)
  • Mª Goretti Rey Expósito (2 cursos académicos)

- Polo sector do alumnado:

  • Mª del Pilar Núñez Núñez (4 cursos académicos)
  • Manuel Rodríguez Martínez (4 cursos académicos)
  • Mª del Mar Durán García (2 cursos académicos)
  • Lucas Freire Acha (2 cursos académicos)

- Polo sector de pais/nais/titores legais:

  • Francisco Doval Tobío (4 cursos académicos)
AdxuntoTamaño
Presentación candidatura.pdf128.99 KB