Novo curso semipresencial B2.1 de inglés

 

Novo curso semipresencial B2.1 de inglés
Como novidade no curso 2021-2022, o departamento de inglés oferta o curso B2.1 tamén en modalidade semipresencial. Este curso ten carácter oficial, polo que rexen os prazos e procedementos da matrícula oficial.

Que supón a ensinanza semipresencial?
No B2.1 semipresencial, que equivale á totalidade de horas do curso presencial, a metade da docencia impártese nunha única sesión semanal de dúas horas, onde se traballa un enfoque comunicativo orientado principalmente ás destrezas de produción e mediación orais. A outra metade da carga lectiva desenvólvese na aula virtual, onde o alumnado traballa e prepara as diferentes actividades de lingua de xeito autónomo, co apoio e orientación do profesorado. Para esta modalidade non é necesario libro de texto pois o material de aula foi creado especificamente para estes cursos por profesorado da EOI.

Como sei se a modalidade semipresencial é para min?
Esta modalidade de docencia require por parte do alumnado un alto grao de autonomía como aprendiz de lingua, así como certa soltura coas TIC, para poder desenvolverse no ensino virtual.  

Se accedes ao nivel ou promocionas desde B1, e estás interesado/a nesta nova modalidade de ensino, animámoste a que consultes os Consellos para ter éxito no ensino semipresencial.

Se tes dúbidas ou preguntas, contacta con eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal.