Frases pola igualdade - 8M - Día Internacional da Muller

 

 

FRASES POLA IGUALDADE

Lanzamos a vertente lingüística das nosas accións para conmemorar o Día Internacional da Muller

Con motivo de conmemorar este 8 de marzo de 2021, animamos ao alumnado da nosa Escola Oficial de Idiomas a que participe nesta actividade interactiva, coa finalidade de pór en práctica as súas destrezas lingüísticas na lingua de ensino, (alemán, francés, inglés, italiano e portugués), e en galego, en colaboración co EDLG

A actividade é autoexplicativa, e só hai que seguir os botóns que se atopan en diferentes puntos da imaxe máis abaixo. 

A finalidade é a creación de frases curtas ou slogans sobre igualdade. As frases se introducen nun formulario e serán revisadas e seleccionadas polo equipo de culturais da Escola, e, como resultado da selección, serán serigrafiadas en camisetas que se entregarán ás persoas inscritas e participantes na I Andaina 'Sendas cara a igualdade'.

A actividade está aberta desde hoxe, día 8 de marzo, até o 26 de marzo. 

Lede as bases para máis información

Participade! 

 

AdxuntoTamaño
8M Día Internacional da Muller 2021 - Frases pola igualdade BASES.pdf135.07 KB