Proxecto Europeo eTwinning 2019 - Celebrating books - Selo de Calidade Europeo

O proxecto Celebrating Books foi o primeiro proxecto eTwinning de colaboración entre escolas de idiomas en Galicia, a saber, a Escola de Idiomas de Vigo, a Escola de Idiomas de A Coruña e a Escola de Idiomas de Vilagarcía de Arousa, de onde participou a totalidade do departamento de alemán, con Loly González, María Isabel Iglesias e Victoria Penide.

En total participaron cinco profesoras en Galicia, dúas profesoras en Turquía e unha profesora en Italia. Todas as profesoras participantes obtiveron Selo de Calidade nos seus respectivos países e o proxecto foi asimesmo galardoado co Selo de Calidade Europeo.

O proxecto levouse a cabo de modo paralelo en inglés e alemán.

Esta iniciativa pretendía fomentar a lectura e escritura creativa entre o alumnado de linguas estranxeiras. Con este propósito os nosos alumnos compartiron opinións sobre os seus libros favoritos e crearon os seus propios relatos de forma colaborativa. Unha vez escritas as diferentes historias, os alumnos tiveron un tempo para ler e escoller a mellor de todas. Aquí tedes unha ligazón ao relato gañador: https://issuu.com/inetwinningeoi/magic_book

Autoría e publicación do artigo na web da Embaixada eTwinning Galicia.