Asociación de alumnado e ex-alumnado
LINGUAROUSA é a asociación de alumnado e ex-alumnado da EOI de Vilagarcía. Está aberta a tod@s @s (ex-)alumn@s dalgunha EOI.
O seu obxectivo é a da dinamización da EOI de Vilagarcía, mediante a oferta de actividades que promovan a aprendizaxe de idiomas fóra das aulas e que fomenten a autoaprendizaxe e o achegamento cultural.
Para facerse socio enche a folla de solicitude e segue as instrucións.
Información de actividades no taboleiro e na web da escola.