Pyongyang e votación no Clube de Leitura

 

O próximo venres 29 de xaneiro, o clube de leitura Montag jeden Freitag 2.0 vai ter unha nova reunión (20h00, na biblioteca, comme d'habitude). Esta vez repartiremos o tempo entre o debate e a votación das obras a ler no último trimestre do ano.

A obra en discusión será Pyongyang, de Guy Delisle, unha novela gráfica sobre a viaxe á Corea do Norte deste autor canadiano que escrebe en francés. Na biblioteca están disponíbeis exemplares en todas as linguas do centro.

Para a votación das seguintes obras a ler durante este ano, podes consultar aquí a lista actualizada de obras candidatas. Cada persoa ten que votar por dúas delas e é posibel efectuar o voto por e-mail através do enderezo biblio.eoivga@gmail.com indicando no asunto "votación Montag jeden Freitag". As mensaxes teñen que chegar antes da hora da reunión.

Pode ser útil para decidir o sentido do voto a visita ao sitio http://www.goodreads.com/

Se és nov@ no clube e non participaches nas reunións, podes indicar a(s) lingua(s) en que desexas ler, ben na túa mensaxe, ben na propia reunión.

AdxuntoTamaño
candidatas clube de leitura segundo trimestre 2015-16.pdf87.75 KB