Matrícula libre probas de certificación 2024
Pendente de actualizar para o curso 2024-2025
Convocatoria 2024
Neste apartado poderá ver a información que precisa coñecer se está matriculado na Escola Oficial de Idiomas para presentarse ás probas de certificación. A información é a mesma para odas as escolas oficiais de idiomas da comunidade autónoma de Galicia.
As probas celebraranse no mes de xaneiro de 2024.
As persoas inscritas nos niveis B2 e C1 deberán prestar especial atención ao centro adxudicado para a realización das probas.
Para matricularse deberá empregar a aplicación en liña: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre/alumnos/
No noso centro pode matricularse para realizar a probas das seguintes linguas e niveis:
- Alemán: A2, B1, B2.
- Francés: A2, B1, B2, C1.
- Galego: A2, B1, B2, C1
- Inglés: A2, B1,B2, C1
- Italiano: A2, B1, B2, C1.
- Portugués: A2, B1, B2, C1.
Escolla un dos seguintes apartados para consultar a información:
- Formalización: Datas e documentación.
- Taxas.
- Calendario de probas escritas.
- Calendario completo de probas libres.
- Instrución e guías para as persoas candidatas. Pendente de actualizar para o curso 2024-2025
- Probas modelo.
- Preguntas frecuentes.