4º Certame Radiofónico "Mulleres na Sombra"

O IES de San Clemente de Santiago convoca o seguinte Certame Radiofónico en colaboración coa nosa Escola.

Escolle unha científica, actriz, escritora, etc. pouco coñecida e grava un audio (preferentemente con voz feminina) falando dela e a súa importancia. Esta gravación publicarase na canle "Exóticas" de Radio Maré e participarás no certame con varios premios.

Prazo de entrega: ata o 15 de abril de 2024 ás 23:59h.

ANÍMATE A PARTICIPAR!!

Consulta as bases no seguinte enlace: https://www.iessanclemente.net/2024/01/09/4o-certame-radiofonico-mulleres-na-sombra/