Nadal na EOI de Vilagarcía

Xa está todo preparado para o festival de Nadal da EOI de Vilagarcia. Este ano, volve o 'Concurso de Especialidades Doces e Salgadas de Nadal' na súa 13ª edición. Se desexades participar, clicade na ligazón abaixo para ler as bases de participación. Ademáis, precisamos alumnado para facer de xurado nas degustacións, o xoves 21 de 19.30 a 20.15! Se queredes probar, mandade unha mail a eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal.

Asemade, como cada ano, colaboramos benéficamente cunha organización da contorna. Este ano con Cruz Vermella do Salnés, en Vilagarcía, mediante as rifas solidarias coas que podedes optar ao sorteo dunha cesta de produtos típicos de Nadal e, tamén, mediante a vosa contribución a Operación Kilo, aportando produtos típicos do Nadal, por petición da propia organizaición, xa que son os grandes esquecidos das recollidas de alimentos. 

Animádevos a participar! Lede a info en detalle nesta ligazón:

- Bases do concurso de especialidades, informacion sobre Rifas solidarias e Operación Kilo

 

 

AdxuntoTamaño
Nadal cartaces.pdf2.58 MB