Cursos de linguaxe administrativa galega (LAG) e preparatorios para os CELGA

A consellería competente en materia de educación publica cada ano a correspondente convocatoria para a celebración, con carácter gratuito, de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, CELGA.

  • Os cursos de linguaxe administrativa galega realízanse en liña e teñen unha duración de 75 horas.
  • Os cursos preparatorios para os certificados CELGA teñen unha duración de 60 horas lectivas.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, que estará activo nos seguintes prazos establecidos para a presentación das solicitudes:

  • Cursos do 1º cuadrimestre: do 3 ao 14 de xullo de 2023.
  • Cursos do 2º cuadrimestre: do 13 ao 24 de novembro do 2023.

O alumnado con necesidades educativas especiais indicará na súa solicitude a acreditación do seu grado de discapacidade.

O 18 de xullo o alumnado poderá consultar na aplicación se foi admitido.

O prazo de presentación da documentación será ata o día 21 de xullo ás 12.00.

A falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da listaxe de espera.

A documentación presentarase telematicamente desde o enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega

 

Os prazos de presentación de solicitudes, o procedemento e demais detalles, inclúense na resolución da convocatoria que poden consultar aquí:

Resolución do 13 de xuño do 2023